Diuvenil

O Xuvenil "A" gañou ao CD Conxo nun inicio de partido pletórico

Vitoria moi xusta e incluso curta (2-0) do Pabellón CF nos Remedios diante dun CD Conxo do que se esperaba máis. Os goles de José Ramón e Anxo nos primeiros cinco minutos foron determinantes.
P2040648

Ficha Técnica:

Pabellón C.F. (2): Alberto, Martínez, Víctor, Yago, José Ramón, Coello, Aarón (Iker, m.73), Parrilla, Anxo (Marcos, m.79) (Marco, m.89), Osián (Pablo, m.79) e José.

C.D. Conxo Santiago (0): Diego, Andrés, Izan (Kevin, m.79), Miguel, Martín, Hugo, Óscar (Felipe, m.46), Xabier (Joaquín, m.46), Iván, Javier (Mario, m.73) e Raúl.

Goles: 1-0, m.1: José Ramón. 2-0, m. 4: Anxo.

Árbitros: Manuel Casanova Cudeiro, do Colexio de Ourense. Amonestou nos locais a Osián, Marco e Yago. Enrique e Mouro foron amonestados nos visitantes.

Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada de Liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo Miguel Ángel - Os Remedios de Ourense.

Comentario:  O conxunto pabellonista saiu moi metido no partido e iso permitiu que chegasen os dous goles que acabarían sendo definitivos para que o triunfo -segundo consecutivo- caese do seu lado.

O primeiro deles caería apenas iniciado o choque nun balón que Osián -moi activo mentres estivo no campo- cortou na zona da media cancha habilitando un pase ao borde do área a José cuxo disparo petaría no pao pero o rexeite aproveitaríao José Ramón para colocar o 1-0. As cousas comezaban ven e aínda melloraron máis cando Anxo colocaba o 2-0 aproveitando un servizo de José con apenas catro minutos disputados. Era o comezo soñado.

P2040667

Non lle quedaba outro remedio aos santiagueses que arriscar, pero ofensivamente apenas levaron perigo á meta local. Unha media volea de Óscar desviada por Alberto e unha falta ao borde do área executada por Javier, foi o seu balance do primeiro acto na búsqueda do gol que os metese no partido. Por contra, os de Cándido Gómez puideron matar o choque no primeiro tempo fabricando tres ocasións claras.

Oportunidades para sentenciar
A primeira nunha acción de estratexia nun saque de banda cabeceado finalmente por Anxo sendo desviado polo meta rival coa punta das luvas. Co Conxo intentando acercarse ao área franxiverde as contras ourensáns levaban moito perigo. A escasos minutos para o descanso tiveron dúas oportunidades en apenas un minuto cun disparo de Anxo cruzado que detivo Diego e unha media vaselina de José que se foi fóra por pouco cando xa se cantaba o gol. Co 2-0 no marcador chegaríase ao descanso.

No comezo da segunda metade os santiagueses metéronlle unha marcha máis ao partido -non quedaba outra- pero non era suficiente para superar a unha defensa local que estivo de matrícula de honra todo o partido. Os franxiverdes tiñan a situación controlada sen pasar apuros xa que o Conxo facía máis ruido que outra cousa cun querer e non poder. Pola súa parte, o Pabellón tentaba sentenciar o partido cun terceiro tanto que podería ser mortal para o adversario. Puido chegar nunha acción de estratexia a balón parado deixou un chut de Osián que se foi fóra despois de petar nun xogador santiagués.

P2040669

Nesta segunda metade o partido viviu unha fase intermedia cun ida e volta nunha tremenda batalla na zona central do campo ata que se foron consumindo os minutos sin grandes novidades. O arreón final do Conxo nos instantes finais apenas creou problemas no área ourensán e o partido acabría co 2-0 deixando tres merecidos puntos para os pabellonistas, que suman 10. Na próxima xornada repiten nos Remedios recibindo ao RC Deportivo da Coruña o domingo (12 horas).

A xornada
Todos os partidos da sétima xornada tiveron lugar na mañá do domingo con estes marcadores: Racing Ferrol 1-1 RC Deportivo; CD Choco 1-2 Ural CF; ED Val Miñor 3-2 CD Calasanz; RC Celta 5-2 CD Lugo e Pabellón CF 2-0 CD Conxo Santiago. Ver clasificación.