El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

GALA + DEPORTE

Pabellón C.F. Xuvenil, mellor equipo promesa

2020121522385392316
O evento celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense con exhibicións e agasallos

O deporte ourensán está de festa. Nin o 2020 impide que o deporte sexa o protagonista unha noite máis grazas á "Gala dos Premios +Deporte A Rexión", que vive a súa decimonovena edición. Faino con máis restricións que nunca por culpa da pandemia do coronavirus, pero coa mesma esencia de sempre e ao redor de 160 persoas no recinto. O evento celébrase no Auditorio Municipal de Ourense desde as 20:00 horas. Promesas e realidades, eles e elas, individuais e equipos... Todos teñen cabida nunha cerimonia clásica na cidade que premia á flor e nata do deporte ourensáns.

A dupla de presentadores anuncia o premio de Mellor Equipo Promesa. Rosendo Fernández, vicepresidente provincial, entrega o premio. Sincro Ourense Alevín, Pabellón Xuvenil de Fútbol e Atila de Loita no seu conxunto Cadete, os candidatos. O gañador é... Pabellón Ourense Club de Fútbol Xuvenil! O seu ascenso á elite nacional, argumento de peso para o galardón.

Felicitar á Rexión polo evento. É un broche de ouro para un equipo que foi unha sorpresa para todos. Empezamos a gañar partidos e a pelexar e pelexar. Marcháronse 14 xogadores do anterior ano. Os rapaces empezáronse a atreverse e a gañar. Este grupo, a min con 43 anos nos bancos, foi dos que máis alma atopei na miña vida. Gozar cada minuto e ter afán de superación. Estou orgulloso de recibir este premio por eses rapaces", explica Cándido Gómez, adestrador do equipo. Información laregion.es

Pabellón C.F. Xuvenil, mellor equipo promesa