O Pabellón CF inicia a segunda volta ante o Ural
O Xuvenil "A" regresa á competición tras unha breve paréntese de 15 días. Rende visita ao Ural, equipo co que empatou a un tanto na primeira volta disputada nos Remedios.
O noso Xuvenil "A" regresa ó verde tras un breve descanso na competición, non así nos entrenos, e faino coa visita ao Ural CF, na que será a primera xornada da segunda volta da División de Honra Xuvenil.
Os rapaces que entrena Cándido Gómez remataron o ano nun estado de forma e xogo, a pesares da derrota ante Val Miñor. Os branquiverdes reclamarían dous penaltis sobre Osián e José Ramón que a colexiada, moi permisiva co xogo brusco dos locatarios, non viu como tales.
Aínda así son sextos con 10 puntos a un punto dos postos de Play-Off, un punto menos ten o seu rival do domingo, o Ural CF, co que empatou na primeira Volta, a pesares de facer méritos para sumar os tres puntos pero faltoulle acerto no remate.
A Xornada
Xornada 10
Sábado, 9 de Enero de 2021
R.C.CELTA S.A.D. | 16:30 h | E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN |
Domingo, 10 de Enero de 2021
C.D. CHOCO | 12:00 h | C.D. CONXO SANTIAGO |
RACING CLUB FERROL | 12:00 h | C.D. CALASANZ |
R.C. DEPORTIVO S.A.D. | 17:00 h | C.D. LUGO |
URAL ESPAÑOL C.F. | 12:00 h | PABELLON OURENSE C.F. |