martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

O Pabellón fixo méritos para sumar os tres puntos pero faltoulle acerto no remate

O Pabellón rescatou un punto (1-1) no tempo de prolongación para un máis que merecido empate contra o Ural da Coruña na cita inaugural do Grupo A1 da División de Honra Xuvenil.

Ficha Técnica

Pabellón C.F. (1): Alberto, Ribao, Civile, Martínez, Marco, Aarón, Coello, Marcos, Muiños, José Ramón y Jose. Tamén xogaron: Iker Baltar, Anxo e Iker.

Ural C.F. (1): Juan, Diego, Lago, Chans, Melide, Miguel, Edu, Iago, Xabi Souto, Jorge Anthony. Tamén xogaron: Gabriel, Xabier Souto e Toro.

Goles: 0-1, m.46: Pp. 1-1, m.89: Ribao.

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro, do Colexio de Ourense. Amonestou no equipo visitante a Lago, Melide e Anthony. Nos locais a Martínez.

 

J1-Pabellón-Ural_14

O Pabellón tivo que conformarse cun punto que non conseguiría ata o tempo de desconto cun certeiro remate de Ribao coa testa.

Na primeira parte os de Cándido Gómez tiveron máis iniciativa co rival, polo menos chegaría máis veces ao área gozando das mellores ocasións por medio de José, en dúas oportunidades, e Marcos.

Neste periodo os visitantes apenas inquietaron a portería local salvo nun par de accións a balón parado na que zaga local no deu opción. Sin goles, pero coa sensación de que o Pabellón merecía máis que o empate, chegaría o descanso.

 

Mazazo
Vista a primeira metade ninguén pensaba que o comezo do segundo tempo marcaría o resto da confrontación de forma negativa para os ourensáns. No minuto inicial os herculinos situaríanse por diante cun gol en propia meta de Civile no seu intento de desviar un balón na disputa cun rival que temáne pillaría a contra pé a Alberto.

J1-Pabellón-Ural_18Co marcador en contra o Pabellón lanzouse na búsqueda do marco contrario con máis ahínco e dispuxo de oportunidades moi claras, as mellores nas botas de José, por dúas veces, e Ribao, pero o gol estaba moi caro para os merecementos dos de Cándido Gómez.

Según pasaban os minutos, es despois de que o técnico local dese entrada a homes de refresco para accionar as bandas, a incertidume adueñouse do partido, nun tramo final cos franxiverdes volcados en ataque e co Ural saíndo á contra pero freado pola boa labor da defensa pabellonista e cun Alberto que estivo incomensurable en dous provinenciais mans a mans.

 

J1-Pabellón-Ural_17Premio
Cando agonizaba o partido Ribao conseguiu rematar un centro lateral para levar o balón ao fondo da rede rival nun remate coa testa.

Era un xusto premio ao esforzo realizado polo equipo e que finalmente soubo a pouco por todas as ocasións que tiveron os locais para levarse a vitoria.

 

A xornada
Os partidos CD Calasanz-Racing de Ferrol e CD Conxo-CD Choco, foron supendidos por afectados pola COVD-19 no equipo ferrolán e redondelán. Os outros dous enfrontamentos deixaron estes resultados: ED Val Miñor 1-1 RC Celta e CD Lugo 3-0 RC Deportivo. Na segunda cita ligueira o Pabellón visita na Madroa ao RC Celta.

 

 

 

 

 

 

                              

O Pabellón fixo méritos para sumar os tres puntos pero faltoulle...