Ficha Técnica:
Pabellón CF: Alberto, Martínez, Víctor (Marco, m.66), Yago, Civile, Coello, Aarón (Marcos, m.61), Parrilla, José Ramón (Juan, m.81), Osián (Anxco, m.81) e José.
CD Lugo: Chanza, Iago (Juan, m.66), Luís, Castrín, Damián, Pablo, Rodrigo (Arias, m.76) (Teijeiro, m.81), Coello (Rosón, 66), Leandro (Álvaro, m.66), Gómez e Xabi.
Goles: 1-0, m.11: Osián, de penalti. 2-0, m.14: José. 3-0, m.26: Osián, de penalti. 3-1, m.65: Coello.
Árbitros: José Antonio Fernández Rodríguez, do Colexio de Ourense. Amonestou a Coello, Yago e Civile nos locatarios e a Damián, Castrín e Juan nos visitantes. Tamén expulsou con cartón vermello directo (m.74) a Damián nos lucenses.
Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada de liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo Miguel Ángel - Os Remedios de Ourense.
Comentario: O Pabellón CF soprendeu a un CD Lugo que chegaba ao campo de Os Remedios como líder do Grupo 1A despois de dúas vitorias noutras tantas xornadas e sen encaixar goles. A cita presentábase complicada para unha escuadra local que viña de encaixar unha dura derrota na Madroa.
Foi na primeira parte onde os de Cándido Gómez fabricaron a vitoria ao situarse cunha renda de tres goles que sería determinante para o desenlace do choque. Neste periodo, sen claro dominador, os pabellonistas conseguirían adiantarse no marcador aos once minutos cun penalti executado por Osián. Na acción que orixinou o máximo castigo, unha dúbida do meta visitante aproveitouna José para gañarlle a posición sendo enpurrado polo porteiro.
Tres minutos máis tarde chegaría o segundo tanto dos ourensáns con novo protagonismo de José. O dianteiro apareceu no medio dun balón dividido entre o porteiro e un defensa para levar o balón ao fondo da rede. Apenas se levaba disputado un terzo do primeiro tempo e o Pabellón adquiría unha renda de dous tantos máis que importante. Mentres, o Lugo apenas inquietaba a portería de Alberto cando se esperaba que desen un paso adiante cara a búsqueda dun gol que os metese no choque.
Terceiro gol decisivo
Antes do segundo penalti a favor dos pabellonistas, José Ramón dispuxo de unha gran ocasión nunha contra que o ourensán acabaría cun remate frouxo coa súa perna mala e que petaría no lateral da rede. Posteriormente, chegaría o terceiro tanto dos de Cándido Gómez. Osián foi derrubado de forma clara por un defensor nunha xogada no área rival, sinalándose o conseguinte penalti que transformaría o capitán branquiverde. Antes do lanzamiento, máis de algún pensaría nas dúas penas máximas que errou Sergio Ramos o día anterior ante Suiza, pero Osián non perdoou e, polo mesmo sitio, bateu a Chanza.
Con esa máis que suculenta vantaxe o Lugo apenas inquietaría a Alberto ata a falta de dez minutos para o descanso nun saque dende o curruncho que detivo con certos apuros o porteiro local. Nese último tramo deste primeiro periodo apenas houbo accións de perigo por ambas partes chegándose ao descanso co 3-0.
Segundo tempo
Depois do paso de ambos conxuntos polo vestiario, esperábase un Lugo súper ofensivo na reanudación, pero a verdade que a realidade foi outra. Os visitantes soamente elevarían o ritmo de xogo dende os dez minutos desta fase e durante pouco tempo, pero a defensa local non daba concesións deixando a Alberto nun mero espectador. José, un dos protagonistas do partido, tivo a oportunidade de incrementar a vantaxe local ao finalizar unha acción individual cun disparo frouxo ante Chanza.
Aos vinte minutos desta fase o lucensens recurtarían distancias. Foi por medio dunha falta directa executada por Coello. Inmediatamente o técnico visitante deu entrada a tres homes de refresco na búsqueda de darlle máis poder ofensivo ao equipo, pero o traballo defensivo ourensán impedía calquera acción que puidese levar perigo a súa portería. Tamén Cándido Gómez movía pezas con dous trocos para darlle máis osixeno ao equipo. Un balón ao pao de Coello á saída dun saque dende o curruncho puido sentenciar definitivamente o choque.
Pasaban os minutos e o único aporte ofensivo dos visitantes chegaba en accións a balón parado que foron abortadas por los ourensáns. Nunha acción desas na que un xogador rival protestou ao colexiado tería como consecuencia a expulsión de Damián, deixando ao Lugo con dez homes a apenas quince minutos do final. Nese tempo, con dúas incorporacións en cada escuadra, o Pabellón fíxose co control do partido ante un rival que foi desaparecendo ata chegarse ao final coa vitoria dos anfitrios, que suman 4 puntos.
A xornada
A terceira xornada deixounos os seguintes resultados: CD Conxo Santiago 1-1 RC Deportivo, RC Celta 4-0 CD Choco, ED Val Miñor 2-2 Racing Ferrol e Pabellón CF 3-1 CD Lugo. O choque entre CD Calasanz e Ural CF foi supendido. Na pròxima xornada o Pabellón CF visita ao CD Choco en Santa Mariña.
Por outra parte, no Grupo B1 sorprende a marcha do Soporting de Gijón, que despois de tres xornadas suma outras tantas derrotas ocupando o último lugar. Os asturianos caeron ante CD Arenal (2-1), Real Oviedo (0-2) e Marina Sport (1-0).