El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

CONTARÁ COMO AXUDANTE CON MONCHO SALGADO

Óscar Nieto adestrará ao equipo Benxamín “A” do Pabellón EDO

José Ramón y Óscar Nieto

Óscar Nieto  será o encargado de adestrar ao equipo Benxamín “A” do Pabellón EDO na tempada 2020-2021.

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Óscar Nieto na dirección do noso equipo Benxamín “A” do Pabellón EDO, que xogará en 1ª División.

Contará como axudante con Moncho Salgado.

Óscar Nieto ten o título Uefa “B” e o Master de Análise e Scouting en fútbol. Comezou a adestrar na canteira do C.D. Allariz a varios equipos de base e tamén o seu equipo feminino.

Coma segundo adestrador estivo no C.D. Allariz, C.D. Lalín e no Raio Alaricano.

Estivo un ano de Coordinador das escolas deportivas de fútbol en Allariz.

“Intento que os meus xogadores sexan capaces de interpretar as diferentes situacións que xorden no xogo e que dominen todas as súas fases, dándolle ao equipo unha identidade de xogo moi recoñecible, cun claro carácter competitivo. Gústame a idosincrasia deste club, onde valores como a disciplina, o compañeirismo e o respecto son coherentes coa miña forma de ver o fútbol formativo.”

Óscar Nieto adestrará ao equipo Benxamín “A” do Pabellón EDO