Liga Galega Xuvenil l Vitoria do Pabellón "B" nos Remedios
Dous goles na primeira metade e un na segunda facilitaron o triunfo contra o Comesaña
Os Remedios acolleu unha interesante cita da Liga Galega Xuvenil entre Pabellón "B" e Comesaña, segundo contra terceiro, que se decantou do lado local (3-1). Os de Anxo Valcárcel aproveitaron as oportunidades que tiveron na primeira parte para marcharse ao descanso cunha renda de dous goles (2-0) anotados por Hugo e Janfry.
Na
segunda metade os vigueses sairon fortes na búsqueda dun gol que os
metese de cheo no partido pero a zaga local estivo sempre moi atenta, e
incluso os branquiverdes ampliaron distancias cun bonito tanto de Iago Varela
ao fio do cuarto de hora. O gol fixo estragos no rival que baixou un
pouco a guarda e os pabellonistas controlaron a situación. O tanto do
Comesaña chegaría nun erro dos locatarios que propiciou un claro penalti
que supuxo o gol forasteiro. Ver ficha técnica. Con este triunfo o equipo, pese as baixas, segue instalado na segunda posición. Ver clasificación.