Previa | Primeiro asalto para o Sénior
Pabellón CF - Colegio Hogar (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 31, 17:30 horas):
O equipo Sénior disputa esta fin de semana o partido de ida da primeira eliminatoria do playoff de ascenso a Primeira Futgal medídonse ao conxunto olívico en feudo branquiverde. Para dar o salto de categoría é necesario superar dúas roldas, polo que o vencedor desta xogará co gañador da que disputan Romay e Piñeira Seca.
A escuadra viguesa foi terceira clasificada no grupo de Vigo con 58 puntos. O Colegio Hogar chega a esta cita cunha serie de oito partidos consecutivos sen perder, os tres últimos con outras tantas vitorias. A domicilio obtiveron un balance de seis triunfos, cinco empates e catro derrotas, anotando 34 goles e encaixando 24.
Pola súa parte os pabellonistas afrontan esta primeira cita despois de non perder durante trece xornadas e co obxectivo de conseguir un resultado favorable de cara a ao partido de volta. Toño Sanmartín non poderá contar para este partido con: Rubén, Miguel Ángel, Mario, Guzmán e Changui, e á espera do derradeiro adestramento deste venres.
A arbitraxe do partido corresponderá a Christian Robles González, asistido nas bandas por Rodríguez Grande e Rial Fernández (Colexio de Ourense).