O vindeiro luns 9 de novembro ás 18 horas está previsto que se poña a traballar o primeiro grupo de infantís adestrados por Julio César nas instalacións do Campus Universitario.
Tamén o luns 9 de novembro ás 19.15 horas no Campo de fútbol do Colexio Salesianos porase en marcha un segundo grupo ás ordes de David Ramos.
O Campo de fútbol Miguel-Ángel Os Remedios acollerá o inicio de adestramentos do terceiro grupo ás ordes de Marcos Ruido o martes 10 de novembro ás 18 horas.
Por último o cuarto grupo entrará en acción o venres 13 de novembro ás 18 horas nos Remedios baixo a dirección de Marco Vázquez "Marquitos".
En todos os casos os deportistas non poderán utilizar os vestiarios e deberán cumprir os protocolos de control da temperatura e desinfección de calzado e mans para acceder á instalación. Non estará permitida a entrada a outras persoas.
Cada semana incorporaranse as distintas categorías do club ata completar os grupos coa Escola de Iniciación "Jose Luis Lópèz Iglesias". Sempre coa condición de que as autoridades sanitarias o permitan.