Fútbol 8

Os catro equipos alevís seguen moi fortes

Os nosos equipos de Fútbol 8 volveron a completar unha boa xornada na que sacaron adiante sete partidos dos nove que disputaron e encaixando soamente dúas derrotas.
P2020205

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Pabellón CF soamente puido rentabilizar o seu dominio sobre o CD Arenteiro nos Remedios con dous goles (2-0) que marcaron Mateo Dosantos e Samuel, ambos anotados na segunda parte despois dun primeiro tempo sen que se movese o marcador. Os pabellonistas son primeiros no seu grupo.

Vitoria do Pabellón Promesas na Granxa (2-8) contra a EDC Verín. Os de Anxo Valcárcel imprimíronlle moito ritmo ao partido e ao descanso xa tiñan moito camiño avanzado (0-4). Na segunda metade costoulle entrar en xogo aos nosos recortando distancias os locatarios, pero a reacción dos pabellonistas foi contudente crando perigo nas accións ofensivas e sendo sólido en labores defensivas non dando opción a pasar apuros no tramo final. Mario (2), Hugo (2), Dani, Leo e Gabriel foron os goleadores dun equipo que lidera o seu grupo.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Pabellón CF "B" foi superior ao A Peroxa CF nos Remedios (8-1) nun choque controlado en todo momento polos de Jorge Manuel. Breogán (2), Iker, Arturo, Ricardo, Iago e Aitor anotaron os goles dun equipo que é lider do grupo.

Tamén tivo un partido cómodo o Pabellón CF "C" contra a AD Bosco "C" (0-6) nos Salesianos. Os de Marcial González dominaron de principio a fin nunha cita na que Gil (2), Iago (2), Fernando e José anotaron os goles.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
A xornada na máxima categoría ofreceu un partido entre Pabellón CF e Pabellón Promesas que se decantou a favor dos primeiros (8-1). Mauro (3), Nico (2), Izan, Héctor, Teo anotaron para os de Gabriel Prada e Santi paa os de Quique Serantes.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Vitoria do Pabellón CF "B" a domicilio contra o A Peroxa CF (2-6). Os de Manuel Doval mandaban no marcador ao descanso (0-1) e foi na segunda metade cando os nosos marcaron diferenzas. Hugo (2), Mario (2), Iker González e Xoán foron os goleadores. O Pabellón Promesas "B" tivo xornada de descanso.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
O Pabellón CF superaba a domicilio á EDC Xinzo (1-3) nunha cita que os limiaos dominaban ao final do primeiro tempo. Os hattrick de Xián na segunda parte contribuiu ao mellor facer do equipo na segunda metade para darlle a volta ao partido.

Mentres, o Pabellón Promesas caía (2-4) nos Remedios diante da ED Ourense. Os visitantes xa mandaban no marcador ao descanso (1-3) e a segunda parte estivo máis equilibrada. Gael e Pablo anotaron o tantos.