El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Xornada cun bo balance

Os nosos colleitaron catro vitorias, dous empates e dúas derrotas

Balance positivo na fin de semana con catro vitorias, dous empates e dúas derrotas

1ª Autonómica Alevín (Pabellón Promesas 7-0 Santa Teresita)
A superioridade local quedou plasmada no marcador final. O dominio que exerceron os pabellonistas deixou dos goles na primeira metade e cinco na segunda. Víctor (2), Guillermo, Ismael, Xabi, Antón e Hugo Viso foron os goleadores. Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín (Ourense CF “B” 0-5 Pabellón “B”)
Foi de menos a máis o equipo que adestra Jesús Rivera, que pese a unha discreta primeira metade foise ao descanso con vantaxe (2-0). O intervalo veulle ben ao equipo, que mellorou na reanudación contra un rival máis preocupado en defender con moito ímpetu que atacar. Os tantos chegarían por medio de Adan (2), José, Xabi e 1 pp.
Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín (Ribeiro “B” 2-5 Pabellón “C”)
Sumou os tres puntos o conxunto branquiverde no campo de O Xestal con goles anotados por José (2), Yeray, Lucas e Hugo. O equipo acaboou sétimo na táboa (ver clasificación) e agora afronta a Copa Deputación no Grupo 42.

1ª Autonómica Benxamín (Calasancio 2-2 Pabellón)

Rescatou un punto nos minutos finais o equipo de Manuel Doval no sempre difícil campo dos Escolapios contra o terceiro clasificado da categoría. Os goles branquiverdes foron obra de de Martín e Nico. Ao descanso os monfortinos mandaban no marcador. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (Pabellón Promesas 1-1 Santa Teresita)

Dispuxo o cadro local de moitas ocasións na primeira metade para deixar o partido máis que encarrilado pero soamente subiu ao marcador o tanto de Dani. No segundo tempo as cousas igularíanse máis e os de Eiroás empatarían cun disparo dende o medio campo. Os locatarios apretarían no tramo final na búsqueda da vitoria pero o marcador non se movería máis. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín (Pabellón “B” 7-0 AD Bosco)
Partido dominado polos locatarios de principio a fin no que non deron opción ao cadro colexial. Ao final da primeira metade os de Rubén García xa mandaban no marcador (2-0) congoles de Mikel e Aitor. Na segunda metade as diferenzas foron maiores para marcar brecha no marcador con tantos de Aitor, Álex, Breo e Iker. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín (A Peroxa 2-1 Pabellón Promesas “B”)

O equipo de Peke non puido despedirse da competición puntuando ao caer no campo de O Marco co Peroxa nunha cita na que todos os goles chegarían na segunda metade. Mateo fixo o tanto dos nosos. O equipo rematou a competición nunha meritoria cuarta praza. Ver clasificación. Agora comeza a participación na Copa Deputación no Grupo 41.

Play Off 1ª Autonómica Prebenxamín (UD Ourense 4-3 Pabellón)
Partidos con moitas variantes no marcador. Os unionistas chegaron a ter dos goles de vantaxe, pero os pabellonistas chegarían a darlle a volta ao marcador. Os locatarios reaccionarían para remontar e levarse os tres puntos. Dani (2) e Ballesteros anotaron os tantos. Ver clasificación.

Torneo Ourense Base Prebenxamín (Pabellón Promesas 24-0 CD Velle)
Pouca historia neste partido da penúltima xornada deste torneo. Ver clasificación.

Fútbol 8 / Xornada cun bo balance