El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Xornada pouco propicia

A maioría dos rivais estiveron máis entonados que os nosos, que sí fixeron pleno nas eliminatorias de Copa do festivo

A maioría dos rivais estiveron máis entonados que os nosos, que sí fixeron pleno nas eliminatorias da Copa no festivo

A boas expectativas que se crearon de cara á fin de semana co pleno dos nosos nas eliminatorias a partido único da Copa Deputación xuvenil, cadete e infantil, esfumáronse cun sábado pouco propicio sen ningunha vitoria.

En canto á Copa Deputación os nosos obtiveron estes resultados o venres festivo:

Xuvenís
: Chantada 1-3 Pabellón "C" (Goles de Antón, Otero e López)

Cadetes: Pabellón Promesas 5-1 Velle "B" (Goles de Damián -3-, Cristian e Xoel)

Infantís: Barco 0-3 Pabellón "B" (Goles de Guzmán -2- e David)

No que respecta á xornada da fin de semana houbo poucas alegrías:

Liga Galega Xuvenil (Ourense CF 2-1 Pabellón "B")
Derrota no desconto dos nosos despois de que a primeira metade rematase con táboas (1-1) cun tanto de Yago para os nosos que permitia a igualada.

División de Honra Cadete (Pabellón 2-2 Santa Mariña)
Un gol de Adrián na prolongación serviu para rescatar un punto contra un correosísimo rival que remontaría na segunda parte o tanto de José de penalti nos primeiros minutos do periodo inicial.

Liga Galega Cadete (Arousa 1-0 Pabellón "B")
O tanto local mediada a primeira parte acabaría decidindo o choque para os de Vilagarcía no Manuel Jiménez. Os nosos intentaron sumar sen fortuna.

1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 3-2 Barbadás "C")
Vitoria agónica dos nos nosos nos Remedíos, que viron como por dúas  veces o rival neutralizaba a a súa vantaxe no marcador. Mediado o segundo tempo Christian adiantaría defintivamente aos de Enrique Silva. Pedro a Ana fixeran os dous primeiros tantos.

Liga Galega Infantil (Pabellón 0-0 Choco)
Partido moi tenso e intenso que tivo emoción ata o pitido final. Por ocasións o locatarios tiveron máis, de maneira especial na segunda parte pero o marcador non se movería.

Liga Galega Infantil (ED Ourense 3-0 Pabellón Promesas)
Marcou cedo o cadro local por medio de Justino e no arranque da segunda parte Nacho incrementaría distancias co segunda. Co tempo cumprido cehgaría o terceiro dos locais obra de Yago.

1ª Autonómica Infantil (Velle 2-1 Pabellón "B")
Mandou no marcador durante moitos minutos o equipo de Rubén García gracias a un tanto de Guzmán. O empuxe local acabaría dando os seus froitos na recta final do choque con dous goles para remontar.

Fútbol 11 / Xornada pouco propicia