Fútbol 11 / Resumo do 7 e 8 de marzo
LIGA GALEGA XUVENIL
Vitoria a última hora do Xuvenil B contra a UD Santa Mariña (2-0) nos Remedios. Os dous goles locatarios anotados por Xabi chegarían no tempo de desconto.
O partido estivo parado ao pouco de comezar durante bastantes minutos minutos debido a un forte golpe na testa nunha acción fortuita do xogador visitante Sergio Alonso, que foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario. Dende aquí aproveitamos para desexárselle unha pronta recuperación e que todo quedase nun simple susto. Ver clasificación.
1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Mal partido do Xuvenil C na visita ao CP Calasancio nos Escolapios (4-2). Os monfortinos, líderes en solitario, fóronse ao descanso con vantaxe mínima (1-0) e no segundo tempo a cita estivo máis aberta pero sempre cos monfortinos mandando. Mateo fixo dobrete para os de Marcial González. Ver clasificación.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Importante punto (0-0) o conseguido polo Cadete A na súa visita ao Racing de Ferrol no que o estado do campo da Gándara, de herba natural, dificultou moito o xogo.
O partido foi moi trabado por esa circunstancia. Os nosos tardarían en acoplarse á superficie natural. Pasados dez minutos os nosos comezarían a xerar algunhas ocasións, as máis claras nas botas de Mauro cun disparo que se foi lexeiramente desviado e outro en boa posición que se foi ao medio da portería ferrolán. Tamén Sampayo tivo unha boa oportunidade nun remate coa testa.
O segundo tempo igualouse máis. O cadro local pasaría a levar a iniciativa pero sen inquietar o marco de Raúl. Co paso dos minutos e co campo cada vez máis impracticable non houbo perido por parte de ninguén e o partido acabaría como comezou, sen goles. Ver clasificación.
LIGA GALEGA CADETE
Estivo moi lonxe do seu nivel o Cadete B, cos deberes máis que cumpridos, na visita ao campo de Os Remedios da ED Val Miñor B (0-0). O rival estivo máis activo e polo tanto o mellor foi o punto que colleitaron os de José Dopazo e que lles permite escalar á terceira posición. Ver clasificación.
1ª AUTONÓMICA CADETE
Traballado triunfo do Cadete Promesas sobre a EDC Barbadás (2-0) no campo de Os Remedios. Un gol de Ramón adiantou aos de Quique Serantes e avanzada a segunda parte Nacho anotaría o segundo dos nosos para pechar o partido. Ver clasificación.
1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Meritorio empate (1-1) do Infantil B contra unha EDC Verín que lidera o Play Off e que chegaba aos Remedios cun pleno de vitorias en once xornadas. O partido tivo dous tempos moi diferentes, No primeiro foron os verinenses quenes levaron a iniciativa, de maneira especial nos primeiros vinte minutos, e despois de crear varias ocasións de gol soamente unha delas tivo repercusión no marcador ao fio do cuarto de hora.
Co marcador en contra o conxunto pabellonista fixo varios reaxustes e dende ise momento comezou a xerar sensación de prigo no marco rival pero o marcador non se movería máis neste periodo (0-1).
Veulle ben o descanso aos de Juan Carballo, pasando a facerse co control da situación ao aplicar unha marcha máis que os verinenses e foron chegando as ocasións pabellonistas facendo méiritos para, polo menos, empatar. E así foi, o premio chegaría nos últimos instantes co tanto de Adrián. Ver clasificación.
Mentres, o Infantil Promesas sumaba os tres puntos (0-2) co CD Arenteiro na Uceira. Os dous tantos dos de Carlos Amorín chegarían na primeira metade por medio de Adán -de penalti- e Cantón.
Os pabellonistas dominaron de principio a fin e tiveron ocasións suficientes para que o marcador fose máis amplo pero na segunda metade o marcador permanecería inamovible. Ver clasificación.
TORNEO CONSERVAS CALVO ALEVÍN F-11
Cuarta vitoria consecutiva do Alevín A nesta opoprtunidade a cosa ta vencer á EF Lalín (1-3) no Manuel Anxo Cortizo. Os de Antonio Parrilla xa tiñan vantaxe ao final da primeira metade (1-2) -Iker e Borja- e na segunda conseguirían o terceiro tanto obra de Iago Borrajo que pecharía o partido.
O equipo, agora terceiro no grupo sur, fixo un bo partido en liñas xerais exercendo moito dominio sobre os do Deza e con noitas chegadas ao área rival. Ver clasificación.