Fútbol 11 / Resumo do 29 de febreiro e 1 de marzo
LIGA GALEGA XUVENIL
Derrota do Xuvenil B no campo de Os Carrís contra a UDC Barbadás (2-0). Non houbo goles nunha primeira metade pero sí a expulsión dun xogador local a escasos minutos do descanso. Incluso aos quince minutos da reanudación os anfitrios quedarían con nove pola expulsión do seu meta.
Parecía que os de Guillermo García poderían sacar rentabilidade desa situación pero lonxe da realidade foi o Barbadás quen con dous homes menos anotaría os dous goles. Ver clasificación.
1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Non puido sumar (3-2) o Xuvenil C na complicada saída a Oira paara enfrontarse ao Ourense CF "B". A cita tivo un tempo para cada equipo. No primeiro mandaron os de Marcial González, que con tantos de Mael e Mateo marcharíanse con vantaxe ao descanso (1-2).
Na segunda parte os locatarios apretaron moito para chegar a neutralizar o marcador e a falta de escasos instantes para o final conseguirían certificar a remontada co terceiro tanto. Ver clasificación.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE
O Cadete A desproveitou unha boa ocasións para escalar posicións nunha igualadísima zona media da táboa, pero sen perderlle a vista a zona de descenso. Nesta ocasións caía nos Remedios (0-2) contra o CD Calasanz. O partido foi moi igualado pero comezaría a decantarse cun penalti infantil a dous minutos do descanso que acabarían aproveitando os herculinos.
No segundo tempo, máis co corazón que a base de fútbol, os de Abel Afonso xeraron algunhas situacións de perigo que foron desbaratadas polo meta rival. Nos intantes finais chegaría a puntilla do Calasanz ao rentabilizar unha pérda de balón. Ver clasificación.
LIGA GALEGA CADETE
O Cadete B fabricou nunha boa primeira parte a vitoria (0-2) co Ourense CF no campo de Oira. Neses primeiros corenta minutos os nosos foron mellores e anotaron os dous goles -Amills e Justino- cos que acabaría o partido.
Na segunda metade os locatarios sairon a por todas na búsqueda dun gol que os metese de cheo no encontro e tivo unha gran ocasión pero o disparo do xogador dos de Oira foise alto con todo a favor.
Foron pasando os minutos sen que se rexistrasen novidades no marcador cun Ourense CF á desesperada, pero freado pola boa labor defensiva pabellonista. Ver clasificación.
1ª AUTONÓMICA CADETE
Revés do Cadete Promesas contra o CD A Purísima nos Remedios (2-3). Os de Quique Serantes pagaron unha primeira parte mala encaixando dous goles cos que se cehgaría ao descanso. Na segunda parte o equipo mellorou chegando a empatar cos tantos de Pedro e Matías nun espazo de cinco minutos.
Quedaba moito tempo por diante como para pensar en rematar a faena, pero foron os visitantes quenes aproveitarían unha ocasión para facer o terceiro nunha contra mal defendida polos nosos e que resultou decisivo. Ver clasificación.
LIGA GALEGA INFANTIL
Vitoria mínima (1-0) do Infantil A contra o Pontevedra CF no campo de Os Remedios. Álex Prieto anotaría o tanto dos de Rubén García traspasado o ecuador dunha primeira parte na que os nosos dominaron completamente disfrutando de varias ocasións para obter unha renda maior e non permitindo que o rival chegase con perigo.
No segundo tempo as forzas igualaríanse con oportunidades para uns e outros pero sen trascendencia no marcador final. Ver clasificación.
1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Non estivo a bo nivel nos Escolapios o Infantil B, que caía (2-1) a mans dun CP Calasancio que foi mellor os oitenta minutos. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto logo de que Hugo Alcázar, na única ocasión clara do partido, conseguise neutralizar o tanto dos monfortinos.
Na segunda metade os locatarios seguiron mandando no campo cun conxunto pabellonista que non soubo adaptarse a un partido de choque e disputa polo estado do terreo de xogo, ata que a falta de dez minutos para a conclusión os locatarios conseguirían o segundo gol que resultaría definitivo. Ver clasificación.
O Infantil Promesas rescatou un punto (2-2) na última acción do partido contra a EDC Barbadás nos Remedios, que estivo moi disputado en con alternativas no marcador. Os de Carlos Amorín foron mellores no primeiro tempo a fóronse ao descanso cun solitario gol de vantaxe obra de Adam.
Na segunda parte os visitantes conseguirían darlle a volta ao partido ata que os locatarios conseguiron empatar por medio de Adán no último suspiro, de feito xa non se sacaría de centro. Ver clasificación.
TORNEO CONSERVAS CALVO ALEVÍN F-11
Terceira vitoria consecutiva do Alevín A neste torneo a costa de superar (5-1) nesta ocasión ao Sálvora CF nos Remedios. Os de Antonio Parrilla xa tiñan moito camiño avanzado ao final do primeiro tempo (3-0) e na segunda as cousas non variaron moito. Borja (2), Mateo Dosantos, Mateo Vivián e Ricardo foron os autores dos tantos. Ver clasificación.