El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol 11/ Resumo da xornada

Apenas dúas derrotas para os nosos equipos na fin de semana

Apenas dúas derrotas para os nosos equipos na fin de semana

Liga Galega Xuvenil (Portonovo 1-1 Pabellón "B)
Empate dos nosos no campo de Baltar de Arriba. Yago puxo por diante na primeira metade aos de Anxo Valcárcel  que incluso gozaron dun penalti para incrementar distancias pero non se acertou. Na segunda empataría a escuadra local. Lamentar a lesión de Víctor nos pabellonistas, ao sufrir unha fractura de radio no brazo esquerdo. Ver clasificación.

1ª Autonómica Xuvenil (Pabellón "C" 4-2 Arrabaldo)
Tres goles dos nosos antes do ecuador da primeira parte foron unha renda clave para solventar o partido e que o equipo siga loitando por meterse entre so cinco mellores nun grupo moi apretado. Destacar os catro goles de López. Ver clasificación.

División de Honra Cadete (Pabellón 2-1 Val Miñor)
Os de Guillermo García sacaron adiante un partido complicado ante un rival complicado. Os goles de José e Santi deron vantaxe antes do descanso e o tanto dos de Nigrán chegaría co partido case rematado. Ver clasificación.

Liga Galega Cadete (Salgueiriños 2-1- Pabellón "B")

Regresou de vacío o equipo de Miguel Alonso, que desenvolveu un bo partido sen premio, do campo da Junquera nunha cita que se puxo moi costa arriba cos dous goles de vantaxe que tomaron os pontevedreses. Diego recortaría distancia pero o marcador non se movería máis e os nosos acabarían con dez pola expulsión de Álex López por dobre cartón. Ver clasificación.

1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 11-1 ED Chantada
Moitas diferenzas no campo que levaron a un marcador amplo para os de Enrique Silva, que ao descanso xa tiñan unha renda ampla (4-1). Damián (8), Pedro (2) e Christian foron anotaron os tantos. Ver clasificación.

Liga Galega Infantil (Pabellón 11-0 Coruxo)
Moita superioridade dos de José Dopazo, que ao descanso xa marcaran cinco goles que incrementarían na segunda. Amills (5), Raúl (2), Unai, Outeiriño, Isaac e Machaca foron os goleadores. Ver clasificación.

Liga Galega Infantil (Arousa 4-0 Pabellón Promesas)
Foi superior o cadro local, que sen embargo tivo que esperar á segunda metade para marcar distancias. Ver clasificación.

1ª Autonómica Infantil (UD Ourense 5-0 Pabellón "B")
Nada que obxectar á vitoria clara dos locatarios, que foron suoeriores aos de Rubén García. Ver clasificación.

Fútbol 11/ Resumo da xornada