El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Moitos goles repartidos

Partido taquicárdico do Xuvenil de Liga Galega nos Remedios (3-3) nunha xornada discreta

Partido taquicárdico do Xuvenil de Liga Galega nos Remedios (3-3) nunha xornada discreta

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 3-3 AJ Lérez)
Partido taquicárdico nos Remedios de maneira especial no tramo final. Os de Anxo Valcárcel chegaron a ter dous goles de vantaxe anotados por Iago Varela e Carracelas. En doce minutos os pontevedreses daríanlle a volta ao marcador pero un tanto de Janfry nos últimos instantes permitiría rescatar un punto. Ver clasificación

superioridade dos de José Dopazo no Lourambal para acumular seis xornadas consecutivas sen perder e ocupar o segundo posto. Ver clasificación 

Liga Galega Infantil (Pabellón Promesas 0-2 Areosa)
Os vigueses leváronse a vitoria despois de marcar un gol en cada tempo da cita disputada no campo de Os Remedios. Ver clasificación 

1ª Autonómica Infantil (Monforte 3-1 Pabellón "B")
Derrota dos de Rubén García no Luis Bodegas. Un gol ao borde do descanso dos monfortinos rachou a igualada que conseguira José despois de gol inicial dos locatarios. Avanzada a segunda metade chegaría o terceiro do Monforte que resultou letal. O equipo recibe o sábado ao Rúa coa quinta praza en xogo. Ver clasificación

Fútbol 11 / Moitos goles repartidos