
Damos conta do falecemento de Fernando Bouso Caíña (86 anos) na mañá deste sábado no Hospital de Arriondas (Asturias). Bouso foi Xerente do Consello Municipal de Deportes e tamén foi adestrador do Pabellón Club de Fútbol.
Como técnico na tempada 1967-1968 conseguiu que CD Ourense gañase todos os partidos con 30 vitorias en 30 partidos. Ver máis información. O funeral será este domingo ás 17 horas en Llanes. Dende o Pabellón CF facémoslle chegar a noso máis sentido pésame a familiares e amigos.