El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

Fase Infantil / Opción de ascenso do Pabellón Promesas

Eliminou ao Portonovo e o Cambados será o próximo rival no asalto á Liga Galega

Eliminou ao Portonovo e o Cambados será o próximo rival no asalto á Liga Galega

O Pabellón Promesas infantil avanzou á eliminatoria decisiva na fase galega ao dobregar no campo da Bouza en Barrantes ao Portonovo (4-0). O Xuventude Cambados, que superou ao Vila do Corpus (3-1), será o rival dos nosos na confrontación definitiva que terá como premio o ascenso á Liga Galega. A ida será no Pombal este sábado (11 horas) e a volta sete días despois nos Remedios. 

Os Os de Carlos Amorín tiveron controlado o partido prácticamente na súa totalidade, suplindo as diferezas físicas do rival desplegando un bo fútbol a medida que foi collendo o seu sitio no campo. Un tanto de Machaca dende máis de trinta metros permitiu que os pabellonistas se fosen ao descanso con vantaxe (1-0).

Na reanudación a superioridade foi en aumento nun espazo de tres minutos chegarían dous tantos máis por medio de Carracedo nun penalti e outro en propia meta que deixaron sen opción aos pontevedreses. Raúl pecharía o marcador co cuarto gol nunha boa acción colectiva do equipo. VER FICHA TÉCNICA.

O Pabellón Promesas é o único sobrevivente de todos os equipos ourensáns que participaron nas fases galegas xuvenil, cadete e infantil.

Fase Infantil / Opción de ascenso do Pabellón Promesas