El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Derrota nos Remedios

P1990334

Derrota do Pabellón CF nos Remedios contra o CD Conxo nun partido con dous tempos moi diferentes (2-4). Na primeira parte mandaron de principio a fin os de Cándido Gómez, que a maiores dos goles anotados por Gustavo e Carracelas, dispuxeron de ocasións para haber "liquidado" o partido contra un rival que apenas inquietou o marcado defendido por Sampayo.

O descanso non sentaría moi ben aos pabellonistas  e con efecto contrario nos visitantes despois de efectuar tres cambios. Transcurridos quince minutos do segundo acto os santiagueses xa lle deran a volta ao partido contra cadro local superado pola intensidade do rival.

Puido empatar o Pabellón nunha acción con doble ocasión para José e Raúl e tamén se mascou o empate nun par de boas intervencións do meta santiagués. Se embargo, o Conxo non deixaría de levar perigo ao área local ata que prácticamente co choque finiquitado chegaría a sentenza con cuarto tanto do Conxo. Ver ficha técnica.

Derrota nos Remedios