El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

TORNEOS OURENSE BASE ALEVÍN E BENXAMÍN

Superaron na final á EDC Xinzo e EDC Celanova

BP

Os equipos alevís e benxamís do Pabellón Promesas impuxéronse o pasado sábado á EDC Xinzo e EDC Celanova nas finais do Torneo Ourense Base disputadas no campo de O Xeixo.

Por un lado, o Pabellón Promesas alevín vencía (3-2) á EDC Xinzo nun partido que acabaría decidíndose no último instante despois de que os nosos tiveses unha renda de dous goles. Ao descanso os de Juan Carballo tiñan vantaxe mínima (1-0). José (2) e Cabano foron os goleadores. Dende aquí queremos felicitar á plantilla e corpo técnico. Ver ficha técnica.

Tamén estivo moi emocionante a final benxamín que se resolvería co mesmo marcador (3-2) a favor do Pabellón Promesas diante da EDC Celanova. Os de Gabriel Prada tiveron que empregarse a fondo ante un rival moi difícil. Dani anotaría os tres goles dos nosos. Dende aquí queremos felicitar á plantilla e corpo técnico. Ver ficha técnica.

Superaron na final á EDC Xinzo e EDC Celanova