El tiempo
sábado. 26.11.2022
El tiempo

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

.

En cumprimento do que indica o artigo 17ª dos Estatutos do Pabellón Ourense Club de Fútbol. O Presidente acordou convocar aos socios e socias de pleno dereito a reunión anual perceptiva da ASEMBLEA XERAL ORDINARIA deste club, para o dia 22 de Octubre de 2022, en primeira convocatoria as 10,30 horas e en segunda convocatoria as 11 horas na sala do LICEO RECREO OURENSANO en rúa Valentín LAMAS CARVAJAL nº 5.

O que se comunica para o seu coñocemento e debidos efectos como convocatoria para ASEMBLEA XERAL ORDINARIA mencionada, debendo presentar o carnet de socio e o documento nacional de identidade.

VER CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.

Os socios que non poidan asistir en persoa, poden delegar o seu voto noutro socio, imprimindo, enchendo e asinando o documento de delegación de voto que esta dispoñible no enlace ao final deste párrafo, e aportando a documentación citada nel, ata o 20 de outubro de 2022 como data máxima. 

VER DOCUMENTO DE DELEGACIÓN DE VOTO.

Este documento entregarase por parte do socio delegante na oficina do club no campo de fútbol Miguel Ángel-Os Remedios en horario de luns a venres de 18 a 21 horas. Para calquera consulta sobre este documento pódese chamar ao teléfono 649278183.

A documentación da Asemblea Xeral Ordinaria está a disposición dos socios, solicitando cita co club, para a súa revisión enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] indicando o nome completo e número de socio.

 

.