El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Ampla representación de equipos do club nos Torneos de Semana Santa

Os catro equipos alevís viaxan a Vilagarcía para xogar a fase previa da Arousa F-7

Os catro equipos alevís viaxan a Vilagarcía para xogar a fase previa da Arousa F-7

Unha ampla representación de equipos do club xogarán durante a Semana Santa diferentes torneos pola xeografía galega tanto en Fútbol 11 como en Fútbol 8.

TORNEO INFANTIL PROMESAS MONTERROSO "Memorial José Manuel Alvelo"
O Pabellón "B" infantil estará este Xoves Santo na localidade lucense para afrontar un torneo no que participan dezaséis equipos repartidos en catro grupos. EF Polvorín, ADC Piringalla e Oza Xuvenil serán os rivais dentro do Grupo A. VER GRUPOS E HORARIOS.

XI TORNEO CIDADE DAS BURGAS BENXAMÍN
Pabellón e Pabellón Promesas estarán neste torneo con doce equipos repartidos en catro grupos na primeira fase que se disputa este Xoves Santo. O evento está documentado nas novas desta sección. VER GRUPOS E CALENDARIO.

VIII TORNEO SEMANA SANTA PREBENXAMÍN - SDC ARRABALDO
O Pabellón CF  participará neste torneo o Xoves Santo con dezaséis equipos distribuidos en catro grupos. Ribadavia, Calsancio e Silleda serán os rivais na primeira fase. VER GRUPOS E HORARIOS.

AROUSA FÚTBOL 7 ALEVÍN - FASE PREVIA
Os catro equipos alevís participarán nas dúas fases previas deste prestixioso torneo que se disputa no campo Manuel Jiménez. Pabellón CF e Pabellón CF "C" entrarán na previa de xoves e venres (VER CALENDARIO) e Pabellón Promesas e Pabellón CF "B" na do venres e sábado (VER CALENDARIO).

20º CIDADE DE PONTEVEDRA BENXAMÍN - FASE PREVIA
O Pabellón CF viaxa o Venres Santo á localidade pontevedresa de Monteporreiro para disputar a fase previa deste torneo con dezaséis conxuntos. VER GRUPOS E CALENDARIO.

TORNEO XUVENIL PROMESAS MONTERROSO "Memorial José Alvelo"
O Pabellón CF "C" Xuvenil figura entre os dezaséis participantes deste torneo que se xoga o sábado na localidade lucense. No seu grupo terá como rivais a CD Rois, CD Palas e CD Cospeito. VER GRUPOS E CALENDARIO.

VIII TORNEO SEMANA SANTA BENXAMÍN - SDC ARRABALDO

Arrabaldo, Santa Teresita, Arenteiro e Ribadavia serán os adversarios do Pabellón CF "B" no grupo B deste torneo que se xoga no campo de O Xeixo o sábado. VER GRUPOS E CALENDARIO.

Ampla representación de equipos do club nos Torneos de Semana Santa