Escola de iniciación
Ábrese o prazo de inscrición para a Escola "José Luís López Iglesias"
O comezo da actividade está programada para o 16 de novembro
ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE
Por parte da Dirección deportiva da Escola de iniciación “José Luís López Iglesias”, formaranse grupos de traballo distribuídos por ano de nacemento, de luns a venres de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 e que serán comunicados a través da páxina web da entidade e de xeito individual a cada familia no correo de confirmación da inscrición.
FORMA DE INSCRICIÓN
O procedemento de inscrición é moi sinxelo, basta con seguir estes pasos:
- Consulta a circular coas instrucións para inscribir o voso nen@.
- Cumprimenta o formulario de solicitude de inscrición.
- Abona a cota de inscrición nas contías e nos prazos sinalados pola circular.
- Remite o formulario cumprimentado e o xustificante de abono da cota á dirección de correo electrónico seguinte: [email protected]
- Recibiredes, antes do comezo da actividade, un correo electrónico confirmando a inscrición co grupo e horario que lle corresponde o voso nen@.