El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Rematou a 1ª Fase

Esta fin de semana arranca a 2ª Fase cos Play Off e Torneos Ourense Base en todas as categorías

Esta fin de semana arranca a 2ª Fase cos Play Off e Torneos Ourense Base en todas as categorías

O Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Alevín tivo demasiados rivais no Luis Bodegas e tivo que conformarse cun empate (3-3) contra o Monforte nun choque no que os de Juan Carballo acabarían remontando -goles de Marcos Queija (2) e Matías- pero unha excesiva prolongación ata que os locatarios empataron privou aos pabellonistas de meterse no Play Off. Agora os nosos afrontarán o Torneo Ourense Base no que comezarán visitando á UD Barbadás. O Pabellón, que descansou a pasada fin de semana, inicia o Play Off no campo da ED Ourense.

Os dous conxuntos branquiverdes da 2ª Autonómica Alevín viviron diferentes experiencias na pasada fin de semana. O Pabellón "B" superaba con facilidade ao Purísima "B" (7-0) cos tantos de Nico (4), Mateo Álvarez (2) e Mateo Dosantos. Os locatarios erraron intencionadamente un riguroso penalti en contra dos visitantes. Este xoves (adiantado á fin de semana) os nosos comezan a 2ª Fase recibindo ao CD Rúa en Oira. 

Pola súa parte, o Pabellón "C" foi vítima da superioridade do EDC Xinzo "B" dentro do Grupo 43 (6-0), nunha cita na que os nosos aguantaron o tipo na primeira parte para ceder na segunda contra un rival que colidera da táboa.

Na 1ª Autonómica Benxamín o Pabellón Promesas superaba a domicilio (2-7) ao Monforte pero a diferenza de goles con respecto ao Calasancio deixouno fóra do Play Off. Dani (2), Héctor, Marcos, Iker, Matías e Antón fixeron os tantos. O equipo comeza o Torneo Ourense Base visitando ao Arenteiro. Pola súa parte o Pabellón, que descansou, inicia a 2ª Fase no campo da ED Ourense.

A última xornada do Grupo 42 da 2ª Autonómica Benxamín deixounos a primeira derrota do Pabellón "B" (1-2) a mans dun Allariz que neste partido ofeceu máis oficio que os de Abel Afonso. Adrián fixo o gol. Este revés non ensombrece a espectacular 1ª fase dos nosos, que agora iniciarán o Play Off recibindo ao un duro rival como o Maceda.

No Grupo 43 da 2ª Autonómica Benxamín o Pabellón Promesas "B" caía en San Cibrao (5-4) co Polígono nun partido no que sempre foi a remolque no marcador. Ao descanso os locatarios xca mandaban (3-2). Hugo (2), Marcos e Mario foron os goleadores.

Finalmente, o Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Prebenxamín pechaba a 1ª fase caendo nos últimos instantes (4-3) no Luis Bodegas contra o Monforte. Nicolás (2) e Aitor marcarían os tantos. Os de Peke xoagan este xoves en Allariz a previa da Copa Deputación e posteriormente chegará o Torneo Ourense no que descansan na xornada inaugural. Pola súa parte, o Pabellón, que descansou, recibe á EDC Celanova na xornada que abre o Play Off.

Fútbol 8 / Rematou a 1ª Fase