El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 8-COPA DEPUTACIÓN PREBENXAMÍN

Superou na final á EDC Xinzo (2-1)

PBA-EDO 2

A ED Ourense saiu campión da Copa Deputación Prebenxamín despois de gañar os dous partidos da fase final disputada na mañá do domingo no campo de O Marco na Peroxa.

A ED Ourense impúxose na final á EDC Xinzo de Limia nun partido moi apretado e no que sempre estivo por diante no marcador, chegando a ter unha vantaxe de dous goles obra de Aldán e Matías. Despois do tanto dos limiaos a emoción estivo presente ata o pitido final sen que houbese novidades. Antes, os de Abraham venceran con solvencia (5-1) á EDC Verín cos tantos de Aldán (2), Leo, Hugo e 1 pp. Os nosos parabéns para plantilla e corpo técnico.

Superou na final á EDC Xinzo (2-1)