El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE PERMANENCIA

Remontou a un rocoso Alondras (3-2)

P1990805

A ED Ourense tivo que empregarse a fondo para superar (3-2) a un Alondras que deu moitísima batalla no campo dos Salesianos.

Os de Quique Serantes tiveron o marcador en contra por dúas veces. Ao descanso os de Cangas estaban por diante no marcador e o inicio da segunda parte foi rocambolesco con tres goles. Despois de que Dámaso puxese o empate, inmediamente o rival volvería a situarse por diante pero tres minutos despois Víctor devolvería as táboas ao marcador (2-2).

Na media hora que restaba o partido estivo emocioante debido á incertidume do marcador. Calwuera podía levarse a vitoria pero foron os ourensáns por medio de Justino quenes acabaría certificando a remontada e a vitoria. Ver ficha técnica.

A falta de catro xornadas para o final desta fase de permanencia o equipo está matemáticamente fóra de todo perigo nun grupo cunha loita aberta entre cinco equipos dos que soamente catro permanecerán na categoría. Ver clasificación.

Remontou a un rocoso Alondras (3-2)