El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

O xuvenil A suma un punto

PabellonCF_Division de Honra
PabellonCF_Division de Honra

Partido moi disputado a mañá do domingo no campo Gatomorto-Xove entre o Pontevedra C.F. e o noso Xuvenil A. Os nosos chegaban con varias baixas e coa incorporación de tres xogadores do Xuvenil B.

A primeira parte, estivo foi moi igualada e con poucas ocasións para os dous equipos. Os nosos rapaces nunca chegaron a sentirse cómodos no terreo de xogo, pero aínda así crearon algunha ocasión que non chegou a materializarse.

No segundo tempo, rematou o fútbol de control e chegaron as ocasión claras en ambas porterías, pero ningún equipo foi capaz de aproveitalas.   

O partido remata coa expulsión dun dos xogadores do Pontevedra C.F por unha pequena disputa.

Os nosos conseguen un punto importante que non os fai subir moito na clasificación, pero sumar é necesario.

Seguimos traballando.

#SerdoPabeMola

O xuvenil A suma un punto