O Xuvenil "A" xogará un ano máis na División de Honra

Un empate en Oviedo con gol de José certificou a permanecia unha tempada máis do Xuvenil "A" na División de Honra.
J1-Pabellón-Ural_1

Un gol de José adiantaba aos ourensáns e permitíalle xogar os últimos minutos de partido relaxado e sen apuros a pesares do empate do Oviedo, sabedores de que ese punto certificaba unha permanencia máis ca merecida tras unha tempada tan atípica como complicada con lesións e descansos interminables por COVID, ata tres semanas entre partidos tiveron que afrontar os de Cándido Gómez, que unha vez máis demostra a súa categoría como adestrador.

Oito son os xogadores que disfrutaron de forma especial este partido de Oviedo. Para o capitán Osián, José Ramón, Civile, Coello, Ribao, Alberto, Víctor e Martínez non foi sólo o último da tempada, senon que para eles será o último na categoría xuvenil e pasarán ao equipo senior a tempada que ven, por o que o deixar aos seus compañeiros na máxima categoría deixares un moi bo sabor de boca.

 

Osián, José Ramón, Civile, Coello, Ribao, Alberto, Víctor e Martínez co adestrador Cándido Gómez