O Xuvenil A recupera sensacións despois dunha semana de moitos cambios

Despois dunha semana con moitas novidades no equipo, o partido comezou cos nosos ben plantados no campo, creando ocasións, pero na primeira chegada do equipo visitante, 0-1.
Conseguimos o empate nunha xogada de estratexia a saída dun córner. Hugo remata de cabeza despois do centro de Esteban, 1-1.
Rematando o primeiro tempo un mal despexe do noso defensa termina cun tiro frontal que Bruno non pode parar, 1-2.
Tras o paso dos dous equipos polos vestiarios, o equipo sae moi enchufado e consegue o empata gracias a unha xogada por banda de Izan que termina nun centro que un defensa do equipo rival introduce na súa propia portería. 2-2. Unha vez máis, conseguimos igualar o marcador.
Pouco nos durou a alegría. Nunha falta o borde da área Mario García consegue o gol despois dun forte golpeo que entra polo medio da portería, 2-3.
O equipo buscou, insistentemente o empate, pero non fomos capaces de conseguilo.
Novo equipo técnico para intentar salvar a categoría.
Próxima xornada viaxe a Cantabria para enfrontarnos ó Marina Sport.
Moito ánimo e moito traballo.
#SerDoPabeMola