lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

O colista visita ao Pabellón que busca asentarse nos postos de privilexio

Pabellon C.F
J1-Pabellón-Ural_2

O Xuvenil "A" xoga este sábado desde as 16:30 horas no Miguel Ángel - Os Remedios ante o Racing de Ferrol, colista da División de Honra Xuvenil, na que será a 15ª xornada de liga.

Adianta o Pabellón CF ao sábado as 16:30 horas o seu horario habitual para recibir ao Racing de Ferrol por mor de xogar este martes 16 as 12:00 horas o partido adiado ante o CD Lugo no campo da Cheda de Lugo.

Os branquiverdes non xogaron a semana pasada tras un positivo no equipo do CD Calasanz e viron  como se adiaba unha vez más o seu partido. Os ourensáns que viñan de gañar ao CD Choco, esperan que tanto parón non afecte a boa xeira de resultados e xogo que estaban a realizar os de Cándido Gómez e que se pode ver perxudicado con tanto parón e perder ritmo de competición. 

En cambio, agora ven unha semana na que teñen que xogar tres partidos, que poden ser vitales para acabar entrar nos postos de privilexio que dan dereito a xogar o playoff. Éste sábado reciben ao colista, Racing de Ferrol, o martes viaje a Lugo con que se xogará a cuarta praza, para cerrar a semana viaxan a Santiago para enfrontarse ó Conxo.

No partido da primera volta ante o Racing en Ferrol, os ourensáns acadaron unha importante vitoria, tan meritoria como necesaria, nun partido que souperon sobrepoñerse as numerosas baixas e traer os tres puntos para as Burgas. Un problema de baixas que conseguirán solventar para este sábado xa que sólo se perderá o encontro Civile por lesión.

 

A XORNADA

 

Jornada 15 (14-02-2021)

PABELLON OURENSE C.F.         RACING CLUB FERROL 
C.D. CHOCO         R.C. DEPORTIVO S.A.D. 
R.C.CELTA S.A.D.         URAL ESPAÑOL C.F. 
E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN         C.D. LUGO 
C.D. CONXO SANTIAGO         C.D. CALASANZ 
O colista visita ao Pabellón que busca asentarse nos postos de...