O Xuvenil A busca a permanencia na División de Honra en Oviedo
Este domingo dende as 12:00 horas, e con horario unificado, o noso Xuvenil "A" da División Honra disputará na Ciudad Deportiva El Requexón a xornada 5, e derradeira, da Fase de Permanencia ante o Real Oviedo, líder con 30 puntos. Os ovetenses chegan cos deberes feitos tras manterse invictos nesta fase con duas vitorias e dous empates.
Precisamente un empate é o que lle fai falta os rapaces dirixidos por Cándido Gómez, que se viron relegados a xogar a Fase de Permanencia por mor de decisións xurídicas difíciles de entender, e tras una gran Liga regular na que merecían por méritos propios xogar a fase por o título. Os blanquiverdes son segundos con 27 puntos con dous de vantaxe sobre o Avilés que ten 25, cuarto e quinto están o Roces e Arenal con 24 pero co average ganado sobre os ourensáns por o que están obrigados a sacar un empate, anda que se sabrá a por a vitoria, para non ter que mirar a outros campos.
Partido especial para parte do plantel
Para parte do plantel será un partido con tintes especiales e emotivos, xa que será o derradeiro que disputarán como xuveniles o rematar o ciclo. O capitán Osián, José Ramón, Civile, Coello, Ribao, Alberto, Víctor e Martínez despediránse da categoría e pasarán ser séniors, por o que partido ante o Oviedo será o último coa camisola xuvenil.
Xornada 5 (30-05-2021)
TSK ROCES | C.D. CHOCO | |
C.D. TROPEZON | C.D. CALASANZ | |
REAL OVIEDO | PABELLON OURENSE C.F. | |
REAL AVILES C.F | RACING CLUB FERROL | |
C.D. ARENAL | C.D. CONXO SANTIAGO |