martes. 11.05.2021 |
El tiempo
martes. 11.05.2021
El tiempo

O Xuvenil "A" en busca da cuarta praza en Santiago

P2040667
P2040667

O noso Xuvenil "A" visita este domingo o campo de A Merced as 12:00 horas ao Conxo de Santiago no que será a 16ª xornada de liga da División de Honra Xuvenil.

O Pabellón CF visita este domingo ao CD Conxo de Santiago e faino coa moral polas nubes tras a gran vitoria da xornada pasada ante o CD LugoUn CD Lugo que pode perder a cuarta praza en favor dos branquiverdes se non logra vencer ao RC Celta no Campo de Fútbol de A Cheda e os nosos gañan na Merced ao CD Conxo.

 

Un CD Conxo que no partido da primeira volta disputado nos Remedios non opuxo excesiva resistencia a os de Cándido Gómez que derrotaron a os capitalinos por 2-0, con goles de Xosé Ramón e Anxo. O partido deste domingo será distinto, o CD Conxo chega máis rodado e na casa fanse moito máis fortes, onde sacaron 6 empates en 7 partidos. Na Merced só gañou o Ural de todos os que pasaron, incluídos Dépor e Lugo.

 

Con moito respeto e sen ningún medo viaxan os nosos a Santiago en busca de traer os tres puntos de volta a Ourense. Cándido no poderá contar con Aaron, Anxo, Civile e José que son baila para este domingo.

 

Resto da Xornada

Jornada 16 (21-02-2021)

R.C. DEPORTIVO S.A.D.        4 - 0     RACING CLUB FERROL 
URAL ESPAÑOL C.F.         C.D. CHOCO 
C.D. LUGO         R.C.CELTA S.A.D. 
C.D. CALASANZ    0 - 0 E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN 
C.D. CONXO SANTIAGO         PABELLON OURENSE C.F. 
 
     
     
O Xuvenil "A" en busca da cuarta praza en Santiago