El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Un golazo de falta de Osián no último minuto de partido da os tres puntos ó noso Xuvenil "A"

WhatsApp Image 2021-02-16 at 13.59.19
WhatsApp Image 2021-02-16 at 13.59.19
Vitoria mais ca merecida dos branquiverdes ante o CD Lugo, repoñendose así da derrota do sábado ante o Racing de Ferrol e volven a meterse na pelexa por a cuarta praza.

Ficha técnica

CD Lugo: Victor, Luis, Diego, Damián (C), Alvaro (Yago 81'), Martín (Jorge 81'), Alejandro, Iago (David 81'), Leandro, Andrés y Pablo (Giraldo 65').

Pabellón CF: Alberto, Martínez, Ribao, Coello, José, Osián (C), Pablo (Miguel 84'), Iker Rodríguez, Parrilla, Iker Baltar (Anxo 74`; Marcos 88´) y Victor.

Goles: 0-1 Osián minuto 89.

Árbitros: López Fernández, Jesús; Adan Gallego, Jesus; Fente Pena, Tania del Colegio Gallego.

Incidencias: partido correspondente a Xornada 12 da Liga de División de Honra Xuvenil disputado no Campo de Fútbol de A Cheda, aprazado no seu día por motivos sanitarios.

 

Gran partido do Pabellón CF no Campo da Cheda de Lugo ante un dos grandes da División de Honra Xuvenil, CD Lugo. Un CD Lugo que na primera volta claudicou ante os de Cándido Gómez nos Remedios (3-1), o que otorga a os ourensáns o gol average na súa loita particular por a cuarta praza, e con dous partidos menos por disputar, RC Celta e CD Calasanz.

 

O Lugo arranca dominando

Sairon mellor os locatarios que se fixeron pronto coa manixa do encontro. Parecía nestes intres que os branquiverdes non eran capaces de olvidar a derrota ante o Racing e os excesivos nervos pasaban factura. O Lugo aproveitaba a situación e creaba serio perigo ante Alberto.

Sería  o propio Alberto o que se convertía en heroe visitante ao deter un penalti por presuntas mans de Martínez dentro área no minuto 12.  O xogador do Lugo tira raso e forte pero Alberto adiviña moi ben as intencións e chapa o coiro. Cinco minutos despois volvían a carga os lucenses pero Alberto volvía a deter un bo tiro dende fora da área do equipo local.

 

O Pabellón esperta do letargo

A partir do minuto 20 o Pabellón fíxose co tempo do partido e comezou a domionar e xerar certo perigo arriba. Osián, José e Iker Baltar probaron fortuna pero os seus disparos non encontraron portería e chegábase o descanso con empate inicial.

 

Tras o paso por vestiarios o Pabellón foi dono e señor do partido. As ocasións sucedíanse para os branquiverdes que a contra facían moito dano o Lugo. Un tiro o pao de Iker Rodríguez, outro espectacular de Osián que pegaba nos dous paus e saía afora, foron as máis claras. Por parte do Lugo un remate flouxo que chapa Alberto sen excesivos problemas.

 

 

Golazo de Osián no último minuto

Nos últimos minutos o Lugo era un querer e non poder, víanse desbordados por as contras do Pabellón e non eran quen de paralos, ainda que os de Cándido no pase final e o remate non andaban  moi finos.

Na última xogada do partido cando o trencilla dispoñíase a a pitar o final chegaba un pase largo a Marcos que cando se quedaba sólo era derribado por un defensa local na frontal do área. Osián agarra o coiro, colocao, dispara e cólase por toda a escuadra ante a algarabía de toda a expedición pabellonista.

 

Tres puntos para seguir loitando por a cuarta plaza e escapar da zona baixa. Este domingo as 12:00 horas visitamos Santiago para enfrontarnos a o Conxo.

 

Un golazo de falta de Osián no último minuto de partido da os tres...