O xuvenil da División de Honra regresa a competición ante o Real Avilés
O Xuvenil da División de Honra recibe este domingo, tras tres semanas de parón, dende as 12:00 horas no campo Miguel Ángel - Os Remedios ó Real Avilés CF, na que será a cuarta xornada da Fase de Permanencia.
O Pabellón CF xógase este domingo boa parte das opcións de permanencia no partido que o enfrontará ao Real Avilés, segundo clasificado, con un punto máis ca os ourensáns que son terceiros con 24 puntos. Por detrás ven o Arenal con 23 puntos que ocupa o último puesto de permanencia. O Oviedo segue líder do Grupo con 29 puntos e xa salvado.
No primeiro posto de descenso a Primeira Nacional está o TSK Roces empatado con Tropezón e Calasanz, todos con 3 puntos menos ca o Pabellón CF, pero co handicap de que os das Burgas teñen co gol average perdido cos tres equipos.
Cándido Gómez aproveitou o parón para entrenar con todos os efectivos en fin de semana, xogando amistosos entre semana para non perder demasiado ritmo de competición. Neste tempo recuperou a os xogadores lesionados salvo a Anxo que perde o que resta de temporada.
Jornada 4 (16-05-2021)
C.D. CONXO SANTIAGO | TSK ROCES | |
C.D. CHOCO | C.D. TROPEZON | |
C.D. CALASANZ | REAL OVIEDO | |
PABELLON OURENSE C.F. | REAL AVILES C.F | |
RACING CLUB FERROL | C.D. ARENAL |
Equipos | Partidos | Últimos | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pts/PJ | Pts | J | G | E | P | ||||
1 | REAL OVIEDO | 1,3810 | 29 | 21 | 7 | 8 | 6 | E G G | |
2 | REAL AVILES C.F | 1,1905 | 25 | 21 | 6 | 7 | 8 | E P G | |
3 | PABELLON OURENSE C.F. | 1,1429 | 24 | 21 | 7 | 3 | 11 | E E P | |
4 | C.D. ARENAL | 1,0952 | 23 | 21 | 5 | 8 | 8 | E E G | |
|
5 | TSK ROCES | 1,0000 | 21 | 21 | 5 | 6 | 10 | G E G |
|
6 | C.D. TROPEZON | 1,0000 | 21 | 21 | 4 | 9 | 8 | E G G |
|
7 | C.D. CALASANZ | 1,0000 | 21 | 21 | 5 | 6 | 10 | P E P |
|
8 | C.D. CHOCO | 0,9524 | 20 | 21 | 5 | 5 | 11 | E G P |
|
9 | C.D. CONXO SANTIAGO | 0,6667 | 14 | 21 | 2 | 8 | 11 | E P P |
|
10 | RACING CLUB FERROL | 0,4286 | 9 | 21 | 1 | 6 | 14 | E P P |