El tiempo
martes. 19.03.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

José anotou na segunda metade o gol do triunfo pabellonista

J13-Pabe-Choco_8

Un gol de José no primeiro terzo da segunda metade (1-0) acabaría decidindo o partido a favor do Pabellón CF diante do CD Choco no campo Miguel Ángel-Os Remedios.

Ficha Técnica:

Pabellón C.F. (1): Alberto, Martínez, Yago, Coello, Iker, Civile (Víctor, m.7), Pablo (Mael, m.80), Baltar (Marcos, m.59), Esteban Osián e José.

C.D. CHOCO (0): Borja, Anxo, Pedro (Covelo, m.81), Javi, Brais, Miguel, Edi (Víctor Alonso, m.69), Pablo (Iván, m.69), Manu, Ju (Iago Portas, m.61) e Antón (Vilaboa, m.46).

Goles: 1-0, m.57: Jose.

Árbitros: Rubén Pérez Martínez, do Colexio de Ourense. Amonestou nos locais a Coello e Víctor e nos visitantes a Pablo.

Incidencias: Partido correspondente á décimo terceira xornada de Liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo Miguel Ángel - Os Remedios de Ourense.

Comentario: Despois de dúas semanas consecutivas cun obrigado parón polas consecuencias da Covid-19, o cadro pabellonista tiña un partido de moita trascendencia diante do conxunto de Redondela, que a pasada xornada tampouco había disputado a súa cita ligueira polo mesmo motivo.

O conxunto ourensán afrontaban este choque con moitas baixas de peso -José Ramón, Aarón, Parrilla, Juan e Anxo- que por diferentes moitos estiveron ausentes e as cousas complicaríanse máis coa lesión de Civile aos nove minutos. De entrada, e despois coa lesión do hispano-arxentino, Cándido Gómez tivo que facer números para compoñer un once capaz de competir ao máximo, entre os que estaba o cadete Esteban, diante dun rival que tamén se xogaba moito.

J13-Pabe-Choco_10

A primeira parte, con maior control do balón dos visitantes a medida que pasaban os minutos, despacharíase sen que se movese o marcador e con dúas ocasións locais e unha visitante. Avisaría primeiro o Choco cun balón aéreo rematado por Javi que desviaba con acerto Alberto. Osián, por dúas veces, puido situar por diante aos locatarios pero en ambas accións o capitán local non puido atinar no remate. 

No retorno de vestiarios o Choco incrementaría o seu dominio pero, unha vez máis como en anteriores partidos, a zaga local non concedía opcións en calquera situación de ataque do rival. Por contra, o Pabellón tiña problemas para avanzar cun José moi solitario como home máis avanzado e co técnico Cándido Gómez movendo pezas na situación de varios xogadores para tratar de fortalecer a liña central.

Sen embargo, o dianteiro ourensán anotaría o único tanto do choque aos doce minutos desta fase. José recibiu un pase de Martínez, avanzou vertical ao área rival e cun disparo axustado ao pao dende fóra do área batía a Borja.

J13-Pabe-Choco_4

A partir dese momento os redondeláns intensificaron o seu dominio pero con escasa profundidade ofensiva. Ao fio da media hora Víctor estivo provindencial ante a internada no área de Manu nunha acción na que os visitantes reclamarían un penalti que o colexiado non interpetou como tal.

Nos dez minutos finais o Choco lanzouse a un ataque á deseperada cun Pabellón arroupado por una defensa hermética que soamente tivo un desliz nunha acción na que o visitante Miguel, completamente só, disparou fóra ante Alberto. Nos minutos restantes apenas houbo cousas que destacar e os tres puntos quedaron na casa.

A dobre importancia de gañar
Sumar de tres en tres ten un valor vital nesta primeira fase da competiciòn. Por un lado, a vitoria permite que os pabellonistas manteñan a quinta praza que garantizaría a permanencia. E no caso de que o equipo non fose capaz de acabar nesa praza, os tres puntos sirven para elevar nestes intres a 16 os da súa conta, cos cales comezaría a segunda fase de permanencia na que dos dez participantes -cinco deste grupo e outros cinco do asturiano-cántabro- descenderían os seis últimos. Na próxima xornda o Pabellón visita ao Calasanz de A Coruña no campo de San Pedro de Visma.

J13-Pabe-Choco_8

A xornada
Os marcadores da xornada trece deixaron estes marcadores: RC Celta 3-1 Racing de Ferrol; ED Val Miñor 1-1 RC Deportivo; CD Calasanz 0-5 CD Lugo; Pabellón CF 1-0 CD Choco e CD Conxo-Ural CF (aprazado). Ver clasificación.

 

José anotou na segunda metade o gol do triunfo pabellonista