A vitoria estivo cerca
Despois dun comezo igualado, o Pavillón adiantouse no marcador no minuto 15 tras unha boa xogada de Pablo que deixou só a Carlos para bater ao porteiro con gran definición. Na primeira metade o Pavillón apenas sufriu e mantivo o partido ben controlado. Antes do descanso, Pablo tivo o 2-0 nas súas botas, pero os seus dous lanzamentos foron parados polo porteiro coruñés.
Tras o descanso, o Ural colleu despistada nosa defensa e o seu dianteiro só contra Bruno define para poñer o 1-1. O Pavillón superponse ao golpe visitante cunha boa acción de Juan pola banda e o seu centro é rematado, a pracer, por Tumbeiro.
Os nosos tiveron o 3-1 para sentenciar o partido con claras ocasións de Juan, Carlos e Tumbeiro.
Xa coa expulsión do xogador do Ural, o encontro estivo controlado polo Pavillón e apenas sufriu nos balóns longos do equipo coruñés. Co partido case rematado, nun córner mal defendido e tras varios rexeites, o Ural conseguía empatar o partido. O Pavillón desfrutaría de outra ocasión de Tumbeiro a o centro de Baltar, pero non foron quen de lograr a vitoria.