Liga Nacional Xuvenil

Os pabellonistas fixeron un partido moi serio

Triunfo claro do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil (0-4) no campo Municipal Roca na visita ao Racing Vilalbés nunha cita correspondente á segunda xornada de competición.
P2010083

Os de Cándido Gómez, nun campo en non moi boas condicións, souberon adaparte ás circunstancias e nun partido moi práctico fixéronse coa vitoria. Un penalti anotado por Osián traspasada a media hora de xogo adiantou aos nosos e cando remataba o primeiro acto, José Ramón facía o segundo co que se chegaría ao descanso (0-2).

O comezo da segunda parte resultou definitivo para que os branquiverdes apuntillasen ao rival despois de que Osián anotase o terceiro apenas transcurridos cinco minutos. O cadro local acusou o golpe xa que saira coa intención de buscar un tanto que metese no partido, pero as cousas foron ao contrario. Os de Cándido Gómez controlaron a situación cunha vantaxe cómoda e nos últimos instantes Brais Álvarez pecharía o marcador anotando o cuarto para o marcador definitivo. Ver ficha técnica.

O equipo suma dúas vitorias noutras tantas xornadas de Liga e o sábado pola tarde recibe ao Porriño Industrial no Miguel Ángel-Os Remedios.