El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Victoria importante e traballada

Partido Div. Honra
Partido Div. Honra

O Pabellón supera as baixas e gaña un partido importante en Bezana. O equipo colleita tres puntos importantes que serven para seguir loitando polo obxectivo da permanencia.

A primeira parte foi igualada, sen dominador claro, con pouco ritmo e con poucas ocasións. Cando parecía que o partido ía chegar empatado ao descanso, un balón en profundidade de Hugo sobre Gallego, que fixo unha boa xogada individual, centrou para que Tumbeiro, entrando desde atrás, rematase cun cabezazo para poñer por diante aos nosos.  

Tralo descanso, o cadro Pabellón non retrocedeu e saíu coas ideas claras para aumentar a vantaxe no marcador. Unha falta lanzada por Carlos é aproveitada de novo por Tumbeiro, que máis listo que ninguén na área, aproveita o balón solto para poñer o 0 - 2 no marcador.

Os primeiros 25 minutos estiveron baixo o control do equipo pabellonista, que non foi quen de aumentar a distancia no marcador. Nin Justino, nin Gallego nin Carlos foron quen de marcar outro gol.

Dende aí ata o final do partido, o Pabellón controlou ben o tempo do partido, sendo clave o porteiro Bruno, que tivo dúas intervencións boas ante os remates de Bezana.

No minuto 90 un saque de falta ben lanzado do equipo local suporía o definitivo 1 - 2.

 

Noraboa rapaces!

 

#SerdoPabeMola

Victoria importante e traballada