Os branquiverdes sacaron adiante un partido complicado diante dun rival moi correoso. As cousas comezaron ven para os nosos, cun gol de Iago Varela nos primeiros compases de partido e posteriormente habería un par de ocasións máis para ampliar a vantaxe pero sen fortuna na resoluición.
O Porriño comezaría a levar certo perigo á meta local e sería por medio dunha falta directa cando chegaría o empate ao borde do minuto vinte de xogo. Ata o final da primeira metade apenas habería ocasións para uns e outros, chegándose ao descanso con táboas (1-1).
No arranque do segundo tempo os pabellonistas fabricarían o gol que ao final lle daría a vitoria, ao resolver Carracelas unha acción ao borde do área pequena (2-1). Quedaban moitísimos minutos ata o final do choque pero o marcador permencería inamovible.
Os visitantes intentarono por arriba pero nese aspecto a defensa local estivo infranqueable. No medio de todo iso o ourensán Osian tivo que abandoar o terreo de xogo cun corte nun brazo e Nos últimos instantes o Porriño quedaría cun home menos pola expulsión de Nicolás. Ver ficha técnica.
Despois de tres xornadas o equipo suma un pleno de vitorias e na próxima xornada visitan ao CD Areosa en terras viguesas.