El tiempo
sábado. 27.04.2024
El tiempo

50 ANIVERSARIO

Torneos, Charlas Técnicas e Campus dentro dos actos do 50 aniversario do club

O club deu a coñecer este martes no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, unha serie de actividades programadas para este mes de xuño que entran dentro dos actos con motivo do 50 aniversario da entidade pabellonista.

No acto interviron o presidente do Centro Comercial Ponte Vella, Jorge Bermello; o presidente do comité organizador dos actos do 50 aniversario do Pabellón CF, Fernando Martínez Lamas; o vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Fernández; o edil de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o representante da Fundación Celta de Vigo, Diego Sarabia; o delegado en Ourense da Real Federación Galega de Fútbol, Raúl Rois.

E no acto tamén estiveron, entre outros,  o presidente do Pabellón CF, Francisco Doforno; o secretario técnico do Pabellón CF, David Carnero; e o director dos torneos programados, Miguel Ángel González.

Todos eles tiveron palabras de recoñecemento á traxectoria do club dende que José Luis López Iglesias fundou o club no ano 1972 con data de rexistro na Real Federación Galega de Fútbol o 18 de febreiro. Tamén tivo moita importancia o papel que desenvolveu no nacemento da entidade branquiverde Fernando Bouso.

No ano 2015 Juan Francisco López "Juanín" tomou o relevo de López Iglesias como presidente e dende xaneiro de 2020 o actual mandatario do club é Francisco Doforno

López Iglesias, fundador del club, y Juanín segundo presidente
López Iglesias, fundador del club y primer presidente, y Juanín segundo presidente

Torneos alevín e xuvenil

O "Torneo Alevín Ourense A Provincia Termal", na modalidade de Fútbol 8, será o primeiro que se celebrará o 11 de xuño no campo Miguel Ángel-Os Remedios e contará coa participación de RC Celta, Sporting Braga, Vitoria de Guimaraes, CD Areosa, Atlético Coruña Montañeros, UD Santa Mariña, Rápido de Bouzas, Ural-Español CFVictoria CF, Escolas Luis Calvo Sanz e dous equipos do club.

Uns días despois celebrarase o "Torneo Xuvenil Ourense A Provincia Termal" que se desenvolverá durante cinco días, do 15 ao 19 de xuño, tamén no campo Miguel Ángel-Os Remedios. O evento está destinado a xogadores nados no ano 2005 e posteriores. 

Contará coa participación de: Real Madrid, Valencia CF, Oporto CF, RC Celta, RC Deportivo e Pabellón CF. As datas, partidos e horarios pódense ver PINCHANDO AQUÍ.

Xornadas Formativas

Tamén están previstas unhas "Xornadas Formativas de Fútbol" en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol por medio do Comité Galego de Adestradores, coa presenza de diferentes técnicos.

Para o martes 14 de xuño ás 20 horas está marcada unha charla do entrenador do CD Lugo da Segunda División, Rubén Albés. Será na sala de conferencias de Afundación ABANCA.

O sábado 18 de xuño, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia (Casa do Chocolate), está prevista ás 11.30 horas unha exposición do ourensán Félix Cao, preparador físico do recente campión da Copa do Rei, o Real Betis, que versará sobre "Adestramento para reducir o risco de lesións en nenos"

A continuación, ás 12.30 horas no mesmo escenario, será o turno para Miguel Alonso, responsable da preparación física da Academia Valencia CF e a súa exposicìón será "Elementos chave para a preparación dunha sesión de adestramento".

Todos os interesados en asistir a calquera das dúas xornadas deberán formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN

Campus Fundación Celta

Tamén foi presentado o Campus da Fundación Celta, representada por Diego Sarabia. A actividade desenvolverase en dous turnos no campo Miguel Ángel-Os Remedios, do 27 de xuño ao 1 de xullo e do 4 ao 8 de xullo. No primeiro deles xa non quedan prazas e o segundo está a punto de pecharse.

 

 

 

Torneos, Charlas Técnicas e Campus dentro dos actos do 50...