El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

FUNDACIÓN CELTA

Aberta a inscrición dos dous turnos do Campus da Fundación Celta nos Remedios

A Fundación Celta abriu o periodo de inscrición dos diferentes Campus de Verán que desenvolverán a partir de finais dos mes do xuño. No caso do que organiza, coa colaboración do Pabellón CF, no campo Miguel Ángel-Os Remedios, iste contará con dous turnos: do 27 de xuño ao 1 de xullo e do 4 ao 8 de xullo.

Esta eficaz formación futbolística, destinada a nenos e nenas de 4 a 16 anos, irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e dun entorno de adestramento onde a diversión está asegurada.

O horario da actividade é de 9:45 ata as 13:45 horas. Entre as 9:30 e as 9:40 horas, levaránse a cabo os protocolos de entrada e entre as 13:50 e as 14:00h levaránse a cabo os protocolos de saída das instalacións.

As prazas son limitadas e ademáis todos os rexistrados antes do 6 de xuño recibirán de agasallo unha botella de aluminio -de 600 ml para a auga-, conmemorativo do 25 aniversario da Fundación Celta. Os xogadores do club terán un desconto de 17 euros.

Para abrir o formulario de inscrición pulsa aquí.

Aberta a inscrición dos dous turnos do Campus da Fundación Celta...