El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN

Tocou o Cortegada nos oitavos de final da Copa Deputación Senior

A sede da delegación en Ourense da Real Federación Galega de Fútbol acolleu este luns o sorteo das eliminatorias de oitavos de final da 41ª Copa Deputación Senior.

O Cortegada será o noso rival nun partido único no campo Miguel Ángel-Os Remedios o 5 de xuño. Será unha semana despois da eliminatoria definitiva polo ascenso á Primeira Galicia no Vicente Solarat da Rúa.

A escuadra do Ribeiro, con sede no campo de A Lomba "Sumi Cortés", eliminou na anterior rolda ao Seixalbo (2-3) nunha cita xogada no campo de O Carqueixal. Na liga regular acabou disputando a fase de permanencia na Primera Galicia ocupando o segundo posto.

Tocou o Cortegada nos oitavos de final da Copa Deputación Senior