El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

Solicitude de entradas para os socios do club e público en xeral

Pabellón CF
campo-pabe copia

O Pabellón Ourense C.F. abre o prazo para que os socios e público en xeral soliciten entradas para o partido ante o TSK Roces e que terá lugar este sábado dende as 16:30 horas no campo Miguel Ángel-Os Remedios.

Con motivo da disputa da segunda xornada da Fase de Permanencia da División de Honra Xuvenil, entre Pabellón C.F. e T.S.K. Roces que se disputará o próximo sábado 17 de marzo no campo Miguel Ángel - Os Remedios, o club habilita para os seus socios un formulario (PICANDO AQUÍ) para que soliciten a entrada para acceder ao recinto deportivo. Soamente poderán optar os socios coa cota aboada da tempada 2020-2021.

1

 

O club pon á venda entradas (5 €) para o público en xeral, ata completar o aforo máximo permitido de 125 siareiros, previa solicitude ao correo electrónico [email protected] e posteriormente daráselles instrucións de como retirar a entrada para evitar aglomeracións no acceso ao campo de fútbol de Os Remedios.

 

O aforo máximo permitido é de 125 persoas de conformidade coa normativa sanitaria, e a adxudicación do pase para o partido será por rigorosa orde de entrada da solicitude.

 

Solicitude de entradas para os socios do club e público en xeral