El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Solicitude de entradas para os socios do club e público en xeral para o Pabellón CF - Real Avilés

campo-pabe copia
campo-pabe copia

O Pabellón Ourense C.F. abre o prazo para que os socios e público en xeral soliciten entradas para o partido ante o Real Avilés CF e que terá lugar este domingo dende as 12:00 horas no campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Con motivo da disputa da cuarta xornada da Fase de Permanencia da División de Honra Xuvenil, entre Pabellón C.F. e Real Avilés CF que se disputará o próximo domingo 16 de maio no campo Miguel Ángel - Os Remedios as 12:00 horas o club habilita para os seus socios un formulario (PICANDO AQUÍ) para que soliciten a entrada para acceder ao recinto deportivo. Soamente poderán optar os socios coa cota aboada da tempada 2020-2021.

 

 

O club pon á venda entradas (5 €) para o público en xeral, ata completar o aforo máximo permitido de 125 siareiros, previa solicitude ao correo electrónico [email protected] e posteriormente daráselles instrucións de como retirar a entrada para evitar aglomeracións no acceso ao campo de fútbol de Os Remedios.

 

O aforo máximo permitido é de 125 persoas de conformidade coa normativa sanitaria, e a adxudicación do pase para o partido será por rigorosa orde de entrada da solicitude.

Solicitude de entradas para os socios do club e público en xeral...