El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Resumo do Fútbol 11 / Houbo de todo

O dous primeiros equipos xuvenís acumulan tres xornadas consecutivas gañando

O dous primeiros equipos xuvenís acumulan tres xornadas consecutivas gañando

Houbo de todo para os nosos representantes do Fútbol 11 na xornada da primeira fin de semana de outubro. Destacar as tres xornadas consecutivas que acumulan gañanado os dous primeiros equipos xuvenís.

Liga Nacional Xuvenil (Racing Vilalbés 0-1 Pabellón)
Un gol do ex-xogador local Alberte mediada a primeira metade permitiu a vitoria dos de Cándido Gómez no campo da Roca. Os nosos suman tres vitorias consecutivas e outras tantas sen encaixaer un gol e situánse a un puntos de Calasanz e Choco en zona de ascenso.

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 2-1 Alondras "B")
Os de Anxo Valcárcel remontaron o tanto dos visitantes á media hora de xogo. Janfry establecía a igualada antes do descanso e Caseiro anotaba o segundo a seis do final nunha cita na que os nosos mereceron un marcador máis tranquilo. O equipo leva tres vitorias consecutivas que o catapultan á zona alta do grupo.

1ª Autonómica Xuvenil (Pabellón "C" 2-3 Arenteiro)
Derrota dos de Marcial González diante dun claro candidato á Liga Galega como a escudara carballiñesa. Ao descanso empate a un  tanto (1-1) logo de que Álvaro neutralizara o dos dos visitantes. No arranque da segunda parte un penalti que derivou na expulsión de Álvaro situaba ao Arenteiro por diante. Aínda en inferioridade numérica os nosos conseguían empatar por medio de López pero a oito do final chegaría o terceiro dos carballiñeses que resultou definitivo. Unha nova expulsión local -Rodrigo- foi demasiada carga para intentar empatar con dous homes menos.

División de Honra Cadete (Bergantiños 2-1 Pabellón)
Primeira derrota dos de Guillermo García despois de catro triunfos consecutivos. Sen goles na primeira metade, os de Carballo obterían unha renda de dous goles, o segundo de penalti, no segundo acto que resultou decisiva. O gol de Santi dende os once metros para recortar distancias deixou un final de partido emocionante pero o marcador non sufriu movementos.

Liga Galega Cadete (Pabellón "B" 0-1 Alondras)
Un rival moito más físico que o conxunto de Miguel Alonso, acabaría levándose a vitoria cun tanto avanzada a segunda parte despois dun primeiro tempo sen que se movera o marcador.

1ª Autonómica Cadete (Rúa 2-2 Pabellón Promesas)
Os de Enrique Silva acabaron rescatando un punto nos últimos minutos cun gol de Falú. Na primeira parte os nosos tiveran vantaxe co tanto de Damián que tivo réplica instantes despois co empate local. Á volta de vestuarios os rueses puxéronse por diante ata que nos últimos compases chegaría a igualada branquiverde.

Liga Galega Infantil (Santa Mariña 0-1 Pabellón)
Triunfo a domicilio dos de José Dopazo cun gol de Raúl avanzada a segunda metade. O equipo fixo un partido moi serio para manter á raia ao rival e soubo sacar tallada nunha das aproximacións ao área viguesa para traerse os tres puntos e seguir nos postos altos da táboa.

Liga Galega Infantil (Pabellón Promesas 0-1 Alondras)
Toda a fortuna que tiveron os nosos fai quince días nesta ocasión estivo ao revés. O Alondras levouse un excesivo premio dos Remedios nunha cita na que a xoven escuadra local mereceu mellor sorte. Un penalti errado polos nosos con marcador a cero puido variar o destino final do choque.

1ª Autonómica Infantil (Pabellón "B" 0-2 Arenteiro)
Os carballiñeses leváronse a vitoria dos Remedios cun gol en cada tempo, o segundo deles nun acción de infortunio local cun tanto en propia meta. O equipo puxo todo para sacar un mellor resultado pero o rival estivo máis acertado.



Resumo do Fútbol 11 / Houbo de todo