Previa | O Xuvenil A xoga en cinco campos
Pabellón CF - RC Celta B (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 17, 12:00 horas):
Este domingo dispútase a derradeira xornada da Liga Nacional con moito en xogo para o Xuvenil A. Os branquiverdes xogan en cinco campos á vez xa que outros tantos equipos están afectados polos descensos por arrastre que provocou a División de Honra, un total de catro. Restan por adxudicar dúas prazas desas xa que Bertamiráns e Alondras ocupan as outras dúas ademáis dos descensos directos de Ourense CF e AJ Lérez.
Os pabellonistas dependen de sí mesmos, pero o rival que ao que lle toca medirse é nada máis e nada menos que o campión Celta B, que nos trinta e tres partidos disputados soamente cedeu dous empates e unha derrota. Unha vitoria local deixaría aos branquiverdes na categoría. A partir de ahí calquera resultado que obteña faino depender doutros resultados.
A loita dos ourensáns (40 puntos) é contra outros catro rivais: Boiro (39), Atlético Arteixo (39), Val Miñor B (38) e Conxo Santiago (37), necesitando que dous deles non o superen na clasificación. Os enfrontamentos son os seguintes:
- Ural Español-Boiro
- Atlético Arteixo-Victoria
- Conxo Santiago-Choco
- AJ Lérez-Val Miñor B
Santiagueses e nigraneses teñen rivais que non se xogan nada e polo tanto teñen máis posibilidades de sacar adiante os partidos. O Boiro visita a un conxunto uralista que xa está ascendido e o Atlético Arteixo recibe a un Victoria ao que só lle sirve o triunfo para dar o salto á División de Honra, amenazados polo Coruxo, que para subir tamén está obrigado a sumar os tres puntos e que os cebras non gañen.
Os resultados poden deixar un cuádruple empate a 40 puntos entre Pabellón, Boiro, Arteixo e Conxo que deixaría mal parado aos pabellonistas. Un triple empate a 40 puntos sen os santiagueses tamén favorecería ao conxunto ourensán.
Se os de Rubén García empatan, como mínimo para non descender deben perder ou empatar Boiro e Arteixo. Se gañan ambos a situación levaría a que non sumen os tres puntos nin Conxo nin Val Miñor B.
A arbitraxe corresponderá a Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por González Castelao e Robles González, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 34.