Superou nos Remedios á EF Lalín (4-2)
Na primeira metade os do Deza acabarían mandando no marcador despois de remontar o tempraneiro tanto de José Ramón nos locatarios. Un gol en propia meta e un penalti permitiron que o rival lle dese a volta ao partido diante dun Pabellón que non estivo cómodo no campo. Sentoulle ben o descando aos de Cándido Gómez, que dominarían por completo na segunda parte. O ritmo que marcaron os branquiverdes neste periodo afogou aos lalinenses e cada vez que os branquiverdes chegaban ao área visitante orixinaban unha acción de perigo.
Os nosos dispuxeron de moitas oportunidades e os trocos introducidos polo técnico pabellonista déronlle máis aire ao equipo e unha maior profundidade nas bandas, onde nacerían o tanto da igualada de Iago Varela e catro minutos máis tarde o propio dianteiro colocaría o 3-2 que lle daba a volta ao marcador. Xa no tempo de prolongación Brais anotaría o cuarto despois dun balón ben pelexado por Caseiro. Gustounos o conxunto lalinense, que conta cun bo entramado ofensivo. Ver ficha técnica.