Previa | O Xuvenil "A" abre a segunda volta co derbi

PCF Xuvenil A – UD Ourense (Os Remedios; domingo 14, 12:00 horas):
Despois de rematar a primeira volta da Liga Nacional Xuvenil a pasa fin de semana co empate sen goles contra o Ural Español, o discípulos de Iván Alonso e Brais Silva comezarán a segunda volta do campionato repetindo como locatarios nos Remedios co derbi capitalino.
Os branquiverdes afrontan a cita contra a UD Ourense posicionados na undécima praza con 19 puntos. Non será da partida o dianteiro David, que retornou ao CD Velle, o seu equipo de orixe.
Pola súa parte o equipo unionista é décimo na táboa clasificatoria con 21 puntos. Na primeira volta, no pàrtido que daba o pistoletazo de sáida á Liga, ambos conxuntos empataron 2-2 no campo de Albán en Coles.
O partidos será arbitrado por Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Javier Luis Prendes Cacabelos e Ignacio Iglesias Rodríguez.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 18.