O Xuvenil "A" suma un costoso punto ante o Ural
Reparto de puntos (0-0) entre Pabellón e Ural no partido disputado no campo de Os Remedios que pechaba a primeira volta na Liga Nacional Xuvenil.
Na primeira metade os herculinos, que se presentaban en Ourense cunha racha de nove partidos consecutivos sen perder, tiveron maior posesión de balón e durante os primeiros vinte e cinco minutos non houbo oportunidades de gol. Posteriormente chegarían dúas ocasións para cada cada equipo, a máis clara para os visitantes nun disparo de Sergio que detivo en dous tempos Abraham.
Na segunda metade ata o ecuador deste periodo as cousas estiveron máis ou menos equilibradas pero os pabellonistas comezabana a acusar certo cansancio. O seu adestrador Iván Alonso intentou darlle aire ao equipo con dous trocos e movendo algunhas pezas de posición.
Sen embargo, a medida que pasaban os minutos e o técnico local refrescaba aos seus con varios trocos, os herculinos foron facéndose co control do partido. Hubo varias ocasións de perigo que foron ben resoltas polo meta local Abraham, xunto ao debutante Lamús, os mellores homes branquiverdes.
O Pabellón intentaba sorprender á contra pero apenas tivo un par de accións no área rival con certo perigo. Os últimos minutos foron duros e de sufrimento para os ourensáns pero o marcador non se movería.
Os locatarios sumaron un punto de moito valor para chegar aos 19, ante un contrario situado en zona de ascenso e acumulan catro xornadas sen coñecer a derrota.
Na próxima cita os branquiverdes inician a segunda volta no campo de Os Remedios recibindo a visita da UD Ourense na mañá do domingo (12 horas).
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (0): Abraham, Jorge, Bugallo, Lamús, Simón, Cougil, Soriano, Machaca, Mauro (Unai, m.70), Peke (Miguel, m.62) e Álex Riveiro.
Ural Español CF (0): Hugo, Jorge Queijeiro (Guille, m.77), Roi (Gonzalo, m.77), Eladio, Iván, Jorge Pereiro, Diego (Varela, m.85), Matías, Sergio (Thiago, m.65), Louzao (Pablo, m.65) e Seijo.
Árbitro: Castro Fernández, asistido nas bandas por González Rey e Añel Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Soriano (m.68) e Lamús (m.77) nos locais e a Iván (m.73) nos visitantes.
Incidencias: Partido da décimo séptima xornada, última da primeira volta, da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.