Oportunidade perdida

Partido disputado entre os equipos do Pabellón C.F. e o C.D. Covadonga no “Miguel Ángel – Os Remedios”  ante uns 250 espectadores. Derrota por 1-2 contra un rival da nosa liga.

 

Pabellon CF_PArtido
Pabellon CF_PArtido

Comezou o encontro con dominio dos nosos e nunha boa combinación Parrilla remata de cabeza ó fondo das maias, 1-0. Minuto 4 e adiantábamos no marcador. Varios minutos con bo xogo pola nosa parte, creando algunha que outra ocasión.

O rival espertou e no minuto 16 empataban o partido por medio de Hugo Pombo. Durante os seguintes quince minutos os visitantes dominaron o partido creando varias ocasión de moito perigo, pero nos minutos finais o dominio foi noso pero sen moito perigo.

No primeiro minuto da reanudación gol dos visitantes, do número 11 Jorge Rojo, 1-2 no marcador.

Mazazo para os nosos que tardaron en reaccionar. Toda a segunda parte foi un quero pero non podo do noso equipo, que ainda que creou varias ocasión claras de Justino e Iker R. non foi quen de lograr o empate.

Non queda outra que seguir traballando e esperar a seguintes oportunidades.

Moito ánimo para os rapaces e o corpo técnico.

O próximo rival será o Real Avilés, o sábado ás 17:00h.

 

#Serdopabemola